miércoles, febrero 28, 2007

HAICHE MOITO ARTISTA

Nesta pasada edición do Arte Contempóraneo ( ARCO )celebrado a mediados deste mes de Febreiro en Madrid houbo un acontecemento que, dende logo, e con todos os respectos , dame a risa. E por outro lado reafírmame na miña opinión sobre o arte abstracto. Perdón, sobre o abstracto, porque de arte non ten nada. Porque vamos a ver, un pintor ou escultor ou o que sexa, un día de punto dáselle por coller un lenzo ou unha pedra e ponse a facer unha desfeita cos materiais utilizados e unha vez rematado din que o fixeron baixo un estado tal ou cual e bla bla bla....e por enriba si son famosos ou se expoñen en certos museos esas " obras " collen un valor de miles e miles de euriños que eu, dende a miña ignorancia, non chego a entender.
Aínda que os yuppies, que tamén son bastante abstractos e que parece que están uns escalóns mais arriba ca o resto da peña, sí entenden e sinten o que o " artista " quere transmitir.
Unha periodista conseguíu pasar e colgar un cuadro pintado por nenos de tres e catro anos nunha escola. Puxéronlles un lenzo e unhas pinturas e déronlle carta branca para que fixeran o que lles dera a gana. E vaia si o fixeron. Crearon unha obra de arte abstracto que para sí quixeran os grandes da historia.
Unha vez colgado na exposición de ARCO nun oco que a periodista encontrou por alí, e sin que ninguén dos visitantes soupera a quen pertencía, empezou a preguntar aos que se paraban a admirar maravillados semellante pedazo de "obra de arte".
Unha das preguntas era :
-¿ Qué pensa vostede que quere transmitir o artista con este cuadro ?
E claro , as respostas dos yuppies aínda teñen máis arte que o propio cuadro:
-Pues para mi, el artista en el momento de crear esta obra estaba en un momento de desesperación y angustia y bla bla bla...
-Pues para mi tiene una clara carga erótica reflejada en bla bla bla...
-Pues para mi se distingue claramente un paisaje vegetal porque bla bla bla...
Imaxínome á periodista partíndose da risa porque bueno...non ten xeito...
Menos mal que un rapaz xoven que pasaba por alí dixo que ese cuadro tiña pinta de que fora pintado por nenos pequenos. Imaxínome os xestos de desprecio dos "entendidos yuppies" hacia o rapaz pola súa ignorancia artística...
Aos yuppies tamén lles parecía barato cando lle dicían que estaba valorado en 15.000 euriños...Pois si algún lee esto, aínda que o dubido, que me pida a min que lle faga arte abstracto, que llo fago máis barato e ademáis ao momento.
Vou ver si me poño en contacto cos rapaciños estes e chegamos a un acordo para facer unha producción en cadea e forrarnos a conta destes que tanto entenden...
Como dixen antes, non paro de rir. Eso sí, con tódolos respectos...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes mais razón ca un santo. Tes que leer un post que fixen ainda non hai un mes titulado "Pensaredes que estou loco", eso é arte, e non o deses valdreus.

Anónimo dijo...

Ah, o anónimo de antes, son Suso Lista

Anónimo dijo...

Este comentario é para o vídeo de Radiohead; pero póñocho aquí para que o vexas. Precioso vídeo e preciosa canción, que ademais non coñecía. Estou pensando queeee...xa que me vas grabar os discos dos que falamos,me podías grabar tamén o "Airbag/How I am driving?", o "Hail to the thies", o "2+2=5" e o "Com lag:2+2=5" se os tes. É que son os cds destos que me faltan. Moitas gracias por anticipado e un bico moi moi grande.