sábado, junio 30, 2007

FESTIVAL SEREAS E PIRATAS

Por fin....por fin...por fin...a falta de tres semanas para o Festival Sereas e Piratas o axuntamento decidiu apoiar a organización do mesmo case que a última hora deixándonos pouco tempo para facer o que haxa que facer. Mais nunca é tarde si ao final o resultado é o que desexamos todos, que non é máis que celebrar un día da música que nos gusta nun marco incomparable como é a praia de Razo. A Asociación Cultural Rebeldía, organizadora do festival, anunciou tres dos catro grupos que este ano conformarán o cartel ademáis dos djs que rematarán o festival.
Esta será a 2ª edición, e a organización, desexando dar un pequeno salto de calidade con respecto ao ano pasado, aposta por dous grupos locais , concretamente un de Carballo e outro con compoñentes de Buño e Malpica e por outro de Zarautz xa con un recoñecemento a nivel nacional.

Grupos confirmados:

- FRANC3S ( CARBALLO )

- LOS JUSTICIEROS ( BUÑO E MALIPCA )

- DELOREAN ( ZARAUTZ )

A falta dun cuarto grupo por confirmar. Nos próximos dous ou tres días coñecerase a cuarta banda que acompañará aos tres xa citados.

DATA : 21 DE XULLO

LUGAR : PRAIA DE RAZO - CARBALLO ( A CORUÑA )

ENTRADA DE BALDE

Na espera de que chegue a data quedamos con este video de Delorean.

domingo, junio 24, 2007

BLONDE REDHEAD



Vintatrés segundos
todas as cousas que amamos morrerán
vintatrés maxias
si ti podes cambia a túa vida.

Teu corazón contaminado, teu corazón contaminado
meu amor contaminado, meu amor contaminado
arrepentirse agora
cantas veces
tan longa como a túa vida
cantas veces
o mundo pasará.

Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.

Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.

Vintatrés segundos
en ti eu vexo un cambio
vintatrés maxias
si ti cambias o nome do amor.

Teu corazón loco
meu amor loco
arrepentirse agora
cantas veces
ata que ti desexes
cantas veces
o mundo pasará
cantas veces
ata que ti queiras
cantas veces
o mundo pasará.

Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.

Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.

Vintatrés.

sábado, junio 23, 2007

ARDE GALIZA



Hoxe era o día...o día das cachelas...Hoxe era o día que había que aproveitar para queimar todo o que sobra neste planeta...o que pasa que si o metemos todo non ía parar de arder ata o San Xoán que ben...pero pagaría a pena...
Cada un podría facer unha lista do que queimaría.
Eu non sei que tiraría ao lume ,pero dende logo ao presidente dos iunated esteites e aos seus amigos, incluidos os que teñen bigote, fixo. Serían os primeiros. Máis que nada porque todo iría moito millor no planeta. E toda a xente chunga detrás.
E saltaría por riba para espantar os espíritus malos ( neste caso tería que saltar mogollón de veces porque cos elementos que estarían ardendo pois xa che digo )...
O lume, o descubrimento máis fascinante da humanidade...
Eu me pregunto como serían as festas de San Xoán antes de descubrilo.Menudo aburrimento, supoño. Porque estas festas sen lume non son festas.
Tamén me pregunto si antes de descubrilo a xente andaría queimada como andamos na actualidade. Supoño que non.
En fin, non sei. O que sei e que hoxe vai arder Galiza.
E si teño que arder eu tamén pois que así sexa. Pero que sexa ao teu carón.

martes, junio 05, 2007

O COUREL: PARQUE NATURAL XA





O Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade da Galiza. Polos seus valores naturais e culturais foi declarado Espazo Natural en 1989. Está incluido na Rede Natura 2000. Pero isto non abondou para impedir a inmensa desfeita ambiental e cultural, que se está levando a cabo en toda a comarca, con danos irreparables aos veciños, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora, á fauna,...así que aproveitando que hoxe é o día mundial do Medio Ambiente solicito, uníndome a SOS COUREL , o seguinte:

1) Que se declare PARQUE NATURAL O COUREL de inmediato; incluindo, dentro como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas,...

2) Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fora do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Cañón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura.

3) Que se destine ao Parque Natural do Courel, o orzamento suficiente para a dotación de servicios públicos aos veciños, para a total recuperación ambiental e da paisaxe tradicional; para a recuperación de todos os elementos etnográficos, arquitectónicos e da cultura en xeral; e para o Plan de Desenvolvemento Sostible correspondente.

4) Que se habilitan os instrumentos axeitados para que os veciños se impliquen na xestión Parque Natural e para que sexan beneficiarios da creacióndo emprego relacionado coa xestióne conservación deste Espazo.



AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS