martes, octubre 30, 2007

CANCIÓN DE CUNA



Esta noite pasada cheguei á casa sobre as seis e media da mañán. Pensaredes que fun de carallada e tal. Pois non. O que pasa é que tou de quenda de noite no traballo e entón sobre esa hora chego. Feito polvo e ata as pelotas. Pero esa é outra historia.
O que pasou esta noite foi que, ao meterme na cama, non sei como miro para a cortina da ventana, a cal da para o patio de luces, e vexo alí un tremendo monstruo de oito patas que me deixou paralizado. Quedei mirando fixamente porque ao principio pensei que era algún tipo de alucinación pasaxeira, pero a imaxen non desaparecía así que dinme conta que era real. Cando fun quen de reaccionar, saín da cama e púxenme frente a ela para vela ben. Era unha araña gorda, pero gorda gorda....cunhas patas que parecían as dun futbolista da liga da costa. Atopábase entre a cortina e a ventana, á altura dos meus ollos, e cando me quedei mirando para ela doume a sensación que me estaba mirando tamén. Incluso moviu unha pernaza como si me saudara. Houbo un momento que se me pasou pola cabeza que xa a mataría cando despertara pola mañán. Pero soio de pensar en apagar a luz, o primeiro que se me pasou pola cabeza foi que o Monstruo de Oito Patas acabaría atrapándome coa súa telaraña para despois comerme. Foi cando, presa do pánico pero reunindo todo o valor que puiden, collín unha revista que tiña alí e, acercándome lentamente para que non dera á fuga, aplasteina contra a ventana. Despois de asegurarme ben que estaba morta a collín do chan e tireina polo water.
Hoxe cando despertei volvín a mirar para a cortina para ver si estaba alí a súa pantasma pero todo estaba normal. Ou eso parecía. Porque nunca sabes o que pode haber detrás dunha cortina. Nunca sabes..........Sempre pode estar o Monstruo de Oito Patas agochado ....esperando...observando....frotando as patas ...relaméndose...Nunca sabes.......Por eso mira sempre detrás da cortina...Por si acaso....

MESMO SOL PARA TODOS