sábado, noviembre 25, 2006

CONCERTOS NA CAPITAL NA SALA CAPITOL



Antonte foi día de concertos na sala Capitol. Por certo, unha sala campal onde podes ver os concertos dende calquera punto e cun son que xa quixeran para elas moitas das salas de Madrid ou Barcelona....A verdade que é unha sorte ke nos aquí na Galiza poidamos disfrutar dela...
Este día tocaban Catpeople e Delorean. Os primeiros de Vigo ( tódolos compoñentes menos o dos teclados ), e agora afincados en Barcelona. Os segundos de Zarautz.
Os Catpeople soio en catro meses ou cinco están tendo bastante éxito, non soio polo único disco que teñen grabado, senón tamén polo directo que amosan nos concertos. Ben é certo que estos rapaces , aínda que o neguen, mamaron o postpunk dos oitenta e máis concretamente de grupos como Joy Division ( o cantante na miña opinión intenta imitar un pouco ao inimitable Ian Curtis ) e The Chameleons, e máis recentemente aos americanos Interpol. Sin duda van dar que falar aínda que deben darlle un toque máis persoal e procurar non caer na copia como fan moitos outros grupos. Despois do concerto estiven falando co batería e comentoume que para os festivais do vran que ven estaban xa confirmados para o FIB e Primavera Sound.
Despois tocoulle o turno a Delorean, que deron un concertazo .
E coma sempre, en todo tipo de concertos, festivais , festas ou calquer tipo de xoldra os de Carballo e os de Malpica sempre somos os últimos en marchar... Non sei porqué será...

lunes, noviembre 20, 2006

O BOSQUE



Estou dando un paseo polo bosque,

escoito voces entre as árbores,

voces que me chaman.

Paro i escoito,

escoito entre as árbores

pero non vexo a ninguén.

Empezo a correr asustado,

estou perdido e soio,

perdido e soio no bosque.

Sigo escoitando o meu nome,

sigo buscando entre as árbores

sei ken me chama aínda ke non a vexo,

correndo hacia a nada

intento fuxir do bosque.

Sempre me pasa o mesmo,

sempre será igual,

correndo hacia a nada

outra vez e outra vez e outra vez e outra vez e outra vez e outra vez..................

domingo, noviembre 19, 2006

COSMIC POP CLUB



Carballo está de noraboa. A inauguración este pasado xoves do COSMIC POP CLUB dalle unha opción máis á noite carballesa onde poder tomar unhas copas entre amigos de bo rollo escoitando a millor música .
Xa ten unha fin de semana de vida. Ou aínda...Pero chegará a ser un referente non tan soio da movida carballesa, senón tamén da movida galega. E senón, ao tempo.
Deus salve ao POP...