lunes, julio 30, 2007

LOS JUSTICIEROS





O rock da Costa da Morte está de noraboa. Los Justicieros, de Buño e Malpica, andan pola zona de Bergantiños demostrando que son catro músicos moi bos e que xuntos fan unha banda moi compacta e potente con calidade e que promete moitas alegrías aos que os seguimos de preto. Antonte deron un concertazo no pub A Reserva de Carballo, co local practicamente cheo e con todo o mundo saltando e coreando algúns temas que xa parecen clásicos.Cancións como "Bambino" ou " A John Wayne lo mató una ametralladora" entre outras fan que a próxima grabación da súa primeira maqueta sexa o preludio dun primeiro disco que pode dar moito que falar no panorama nacional. David " Inferniño " ( voz, guitarra, teclado e líder indiscutible do grupo ),Santino ( baixo ), Corleone ( guitarra ) e Torgas Pirracas ( batería ) forman este grupazo.
Hai calidade, hai gañas, hai ilusión, hai talento e hai catro artistazos que ainda por riba son uns tíos de puta madre....polo tanto hai grupazo.


David " Inferniño "



" Inferniño " dándo-o todo.

Agora soio falta un pouquiño de sorte para ter a oportunidade de ir para arriba porque do resto sobra. Dende aquí desexo o millor para este grupo porque sei a ilusión que hai detrás.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

sábado, julio 28, 2007

MANU CHAO





O próximo sábado 4 de Agosto Manu Chao estará en Vigo. E si non hai novidades eu tamén estarei en Vigo. Xa merquei a entrada e estou cheo de ledicia poder voltar a Vigo para ver a este galego nacido en París, pero enamorado da Galiza e máis concretamente da Costa da Morte e ainda máis concretamente de Malpica.
Tiven a sorte de poder estar en tres dos seus concertos con Radio Bemba, en Lalín,en Vilagarcía e en Vigo.
Normalmente os concertos de Manu Chao duran entre tres e catro horas...polo menos aos que fun eu.
Lémbrome do primeiro ao que fun. Bueno , lémbrome dos tres pero o de Lalín foi especial e non soio porque era a primeira vez que o vía, senón porque tiven a gran sorte de poder estar con él un anaco despois de rematar o concerto. Eu fora con amigos de Carballo e tamén de Malpica. María, a da Roda de Malpica, tamén estaba e gracias a ela que xa o coñecía e coñecía tamén á manager conseguíu pasar ao backstage e con ela nos. Cando chegamos algúns dos da banda estaban comendo e bebendo viño e Manu cando nos viu chegar saiu con unha botella de viño en cada man e ofreciunolas como si foramos amigos de toda a vida. Aparte de recibirnos co viño, regalounos tamén un soriso e unhas apertas a cada un de nos. A min persoalmente impresionoume, sobre todo polo sinxelo que é este home. Estivemos un anaco falando con él das cousas da vida e do mundo e compartindo esas botellas de viño. Eu ainda tiven tempo tamén de falar co batería e regaloume unha baqueta que despois me firmaron varios de Radio Bemba e por suposto Manu. E algo que gardo con especial cariño.
Despois de estar alí un bon anaco nos tiñamos que marchar para Carballo, e foi unha pena xa que íamos ir con Manu de marchilla por Lalín. Acostuma a facelo. Onde da un concerto, e se non ten que marchar para outra cidade , comparte a noite coa xente que antes comparteu o concerto con él. A ver que outros artistas fan algo así. Outros que parece que viven nunha burbulla e que nin se acercan a quenes realmente os admiran.
Pero Manu é ao revés. Manu quere estar coa xente sinxela. Que son coma él e que senten o mesmo ca él.
Pouco despois do Prestige ( lembremos "unos hilillos de plastilina" )Manu Chao veu a Malpica a tocar él soio ao mítico Pub A Roda. Foi un día tamén moi fermoso.Despois de rematar o concertillo púxose a pinchar un pouco e estiven outro pouco falando con él.Outro soriso e outra aperta que inxecta enerxía positiva para unha boa tempada.
O sábado, despois de tres anos volvo a velo. De feito, necesito velo.E ainda que non poida falar con él ese día , doume por satisfeito de poder disfrutar e emocionarme por unhas horas de un mundo de colores e sonidos e baile e amor e festa e emocións e reivindicacións e participar dunha manifestación do bo rollo que con moi poucos artistas deste nivel se consegue.
Manu Chao, orgulloso de ser galego pero orgullosos de ser cidadán do mundo. E eu moi orgulloso de ter a oportunidade de coñecerte.
Como dixeches no seu día:

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

miércoles, julio 25, 2007

DIA DA PATRIA GALEGA



¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

II FESTIVAL SEREAS E PIRATAS



Este sábado pasado celebrouse a segunda edición do Festival Sereas e Piratas organizado pola A.C. Rebeldía. O clima acompañou durante toda a tarde na praia de Razo, lugar do festival, e incluso nos regalou un atardecer que auguraba unha boa noite de música en directo. E así foi, porque ainda que o frío apretou, non foi suficiente motivo para quitarlle as gañas de festa e as gañas de vivir uns concertos ao carón desta fermosa praia á xente. Que por certo, sabemos que non tivemos tanta como no Summercase,por exemplo, pero a que tivemos foi a millor.
Franc3s, grupo de Carballo formado por Aberto, María e Patuki foron os encargados de abrir a noite con ese pop-punk tan persoal. Seguro que non van tardar en facerse un nome no panorama nacional. A min persoalmente gustáronme.



Los Justicieros, grupo de Buño e Malpica, liderado por David Inferniño, encargouse de poñerlle as pilas ao cada vez máis público que se achegaba ao escenario. Este grupo, con un directo potente e con un David entregado, deixou claras as súas intencións do que queren nesta historia da música. Outro grupo da zona de Bergantiños que tamén darán que falar por ahí adiante. E senón ao tempo.



The Passadenas, grupo de Pontevedra, punk-rock con un certo estilo Ramones,tamén deixou moi boas sensacións entre o público, que non paraba de bailar.



Delorean, como cabeza de cartel, non defraudaron. Estos rapaces de Zarautz, xa consolidados na escena indie estatal, deron un concertazo facendo que a xente bailara e se divertira con ese rock electrónico e con ese estilo tan persoal que teñen sobre o escenario. A semana anterior estiveran no Summercase, e están en case que todos os festivais importantes de España ( incluido o noso , claro ).



Foi un gran día. Todo transcurriu con normalidade. Houbo bastante xente, toda con ganas de pasalo ben e dende a organización constanos que así foi. Música, praia, sereas e piratas´. Todo mesturado, pócima perfecta.
Dende aquí queremos agradecer a todos a vosa asistencia e esperamos que fora unha gran noite para todos, igual que foi para nos.
Eso sí, esperamos que o ano que ben reservedes esta data para voltar a encontrarnos en Razo e que cada vez sexamos máis SEREAS E PIRATAS.



Tremendo amanecer do domingo.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

jueves, julio 19, 2007

CARTA DENDE ANANTAPUR



Onte recibín unha carta dende moi lonxe. Hai moito tempo que non recibo unha carta, a non ser, claro está, dos chupópteros dos bancos ou publicidades varias. Pero de alguén que me escriba realmente a min pois casi non o lembro. Acostumados como estamos agora aos esemeses e aos imeils ( e-mails para os eruditos ) non deixa de ser unha alegría abrir o buzón e ver o típico sobre dunha carta internacional que veu en avión dende o outro lado do mundo.
Trátase de Pavithra, unha nena da India que cumpre sete anos dentro dun mes e que teño apadriñada a través da Fundación Vicente Ferrer. Cóntame que aprobou o primeiro curso e que agora pasa para segundo.E entre outras cousas dame as gracias por axudarlle a ela máis a súa familia, que pertenecen aos dalits, a casta con menos dereitos e que peor o pasan nesa rexión da India.Si de algo vale a miña pequena aportación para esta nena xa me enche de ledicia.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS