miércoles, julio 25, 2007

II FESTIVAL SEREAS E PIRATAS



Este sábado pasado celebrouse a segunda edición do Festival Sereas e Piratas organizado pola A.C. Rebeldía. O clima acompañou durante toda a tarde na praia de Razo, lugar do festival, e incluso nos regalou un atardecer que auguraba unha boa noite de música en directo. E así foi, porque ainda que o frío apretou, non foi suficiente motivo para quitarlle as gañas de festa e as gañas de vivir uns concertos ao carón desta fermosa praia á xente. Que por certo, sabemos que non tivemos tanta como no Summercase,por exemplo, pero a que tivemos foi a millor.
Franc3s, grupo de Carballo formado por Aberto, María e Patuki foron os encargados de abrir a noite con ese pop-punk tan persoal. Seguro que non van tardar en facerse un nome no panorama nacional. A min persoalmente gustáronme.



Los Justicieros, grupo de Buño e Malpica, liderado por David Inferniño, encargouse de poñerlle as pilas ao cada vez máis público que se achegaba ao escenario. Este grupo, con un directo potente e con un David entregado, deixou claras as súas intencións do que queren nesta historia da música. Outro grupo da zona de Bergantiños que tamén darán que falar por ahí adiante. E senón ao tempo.



The Passadenas, grupo de Pontevedra, punk-rock con un certo estilo Ramones,tamén deixou moi boas sensacións entre o público, que non paraba de bailar.



Delorean, como cabeza de cartel, non defraudaron. Estos rapaces de Zarautz, xa consolidados na escena indie estatal, deron un concertazo facendo que a xente bailara e se divertira con ese rock electrónico e con ese estilo tan persoal que teñen sobre o escenario. A semana anterior estiveran no Summercase, e están en case que todos os festivais importantes de España ( incluido o noso , claro ).



Foi un gran día. Todo transcurriu con normalidade. Houbo bastante xente, toda con ganas de pasalo ben e dende a organización constanos que así foi. Música, praia, sereas e piratas´. Todo mesturado, pócima perfecta.
Dende aquí queremos agradecer a todos a vosa asistencia e esperamos que fora unha gran noite para todos, igual que foi para nos.
Eso sí, esperamos que o ano que ben reservedes esta data para voltar a encontrarnos en Razo e que cada vez sexamos máis SEREAS E PIRATAS.



Tremendo amanecer do domingo.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

e a primeira vez que leo o teu blog e encontreino buscando noticias no google sobre franc3s.son raros raros, pero gustaronme moito e iso que solo vin as 3 ultimas,como poideros abrir eles?por certo triangulo de amor bizarro estaban o meu lado e tamen se via que lles molaban.coñeces a franc3s persoalmente?
seguireite

memuera dijo...

Franc3s son de Carballo e sí ke os coñezo...tes razón que son raros pero moi interesantes,polo menos para min...o dia 10 de agosto podelos ver outra vez no Pub Silfo...apertas