miércoles, enero 31, 2007

TERCEIRO DIA EN BERLIN ( pola tarde )

Ás doce e pico marchamos da Potsdamer e puxemos rumbo á parte este. Íamos ir no metro ata Alexanderplatz, situada no centro de Berlín e corazón do Berlín Oriental. Pero, milagrosamente , o sol aparecíu e unhas raiolas quixeron acompañarnos mentras íamos camiñando hacia a Porta de Brandenburgo. Cada un de nos levaba cadanseu emepetrés. O Planetita levaba unha banda sonora integramente composta por grupos españois, entre eles Tarántula, Metro , Parálisis Permanente; eu levei como banda sonora ao Sr. Chinarro, The Cure e Joy Division. Ao pouca distancia da Potsdamer xa nos atopamos co muro...nese momento ía escoitando a Joy Division ( qué millor grupo para ese paseo ). Míralo e pregúntaste: " ¿ así que ti eres parte dese muro do que tanto oín falar e que separou tantos anos a tanta xente?"

Aínda que o parezca, non é un oficial da Stasi, senón que é o Planeta retratándose diante do muro.
Seguimos andando e ó lonxe xa aparecía o Reichstag, actual sede do Parlamento alemán.

Pero de pronto atopámonos coa tremenda homenaxe que os berlineses quixeron facer ao exterminio dos xudíos. Construido no mesmo centro da cidade, o Memorial do Holocausto consta de 2711 bloques de pedra de diferentes tamaños cun peso medio de oito toneladas. Forman unha especie de laberinto xa que a medida que vas entrando nel máis altas son as pedras e chega un momento que casi non sabes onde estás. É impresionante.




Pretiño xa está a Porta de Brandenburgo. Aparte da historia que ten, como o roubo da cuadriga que a corona por parte de Napoleón, que a levou para París e a súa posterior recuperación, o que máis me emocionou ó vela foi pensar na tremenda de festa que deberon facer os berlineses aquí tras a caída do muro. ¿ Alguén se pode imaxinar como sería ? Emoción, bágoas, risas, apertas entre amigos ou familiares que durante casi trinta anos estiveron separadas por culpa duns colgaos que se lles dou por facer unha parede como si alí acabara o mundo...o peor e que non damos aprendido e aínda seguen construindo muros....



A cervexa que deberon beber aquí...non o podo nin imaxinar, porque estes alemáns todo o que fan fano ao grande.

Logo xa chegamos ao Reichstag...



Todo o mundo facendo cola para subir á cúpula, que disque flipas coas vistas e non sei que máis...pero nos xa tiñamos sede e preferimos ir tomar unhas cerveciñas que xa estaba ben de turisteo e xa nos fomos adentrando no Berlín Este e entre garimba e garimba fomos chegando a Alexplatz...xa preto da noite porque antes das cinco pouco día quedaba...e aínda se nota a diferencia dun lado ao outro despois de tanto tempo sen muro...de feito ainda hai marcas da guerra nas paredes de certos edificios...



Despois da dar unha voltiña por ela e subir a torre de televisión ( a máis alta de Europa )que está no mesmo centro da plaza e ver Berlín dende uns douscentos metros de altura fomos de retirada para o hostal a descansar un pouco xa que aínda quedaba toda a noite.

Pero esa é outra historia.

martes, enero 30, 2007

TERCEIRO DIA EN BERLIN ( pola mañán )



O venres madrugamos de novo e entre varias opcións escollemos empezar o día visitando Potsdamer Platz. Saímos de novo do hostal co tempo en contra, pero con tóda-las gañas de descubrir sitios e cousas novas. Fomos chovendo de novo para a nosa U-Bahn de Rathaus Schöneberg ata Nollendorfplatz. Alí deixamos a liña U4 e montamos na U2 e despois de catro paradas chegamos á Potsdamer. Sinceramente o que fixeron nesa praza e en toda esa zona é impresionante, xa que este lugar,como tantos outros, tamén quedou totalmente destruido nos bombardeos dos aliados. Nesta praza, na que dende o século dazanove se desenrolou unha grande actividade comercial e cultural, instalouse o primeiro semáforo de Europa alá polo 1924. Ata a caída do muro non se restaurou esta zona e nunha década fixeron un centro de comercio e de ocio con edificios futuristas onde destaca o Sony Center. Aínda que eu gosto máis do pasado que do futuro teño que recoñecer que flipamos vendo o que alí montaron. Na actualidade celébrase a famosa Berlinale nesta plaza. Tamén hai unha réplica do semáforo.
Nos, claro, pasámolo en vermello. E que senón non ten chiste. E pretiño dalí hai outra pequena praza adicada a Marlene Dietrich. E por alí andivemos pola mañán, entre cafés e prontiño xa unhas cerveciñas...máis que nada por tomar cousas típicas da Alemania, porque salchichas nin a primeira. Para a tarde quedaba o máis emocionante. Polo menos para min.

lunes, enero 29, 2007

SEGUNDO DIA EN BERLIN





Erguémonos sobre as oito da mañán e despois dunha boa ducha baixamos a desaiunar ao comedor do hostal. Mirar pola ventana para afora non era moi alentador para sair a patear as rúas . Entre o que chovía, o vento que facía e o frío que se adiviñaba dende o comedor, daban gañas de subir para a habitación e meterse na cama outra vez. Pero nos dixemos :" ¿ Cooomo ? Somos da Costa da Morte. Vamos pasear por Berlín,chova ou quente o sol." E así foi. Saímos do hostal e fixemos un recoñecemento do noso barrio. Menuda molladura nos pillamos.Fomos para o metro e decidimos ir a dar unha volta a Kurfürstendamm (os berlineses chámana Ku'damm ), unha das avenidas principais da cidade.Saímos na U-Bahn de Zoologischer Garten e dende alí fomos ver as ruinas da igrexa Kaiser Wilhelm, que foi bombardeada durante a II Gerra Mundial polos aliados na chamada Batalla de Berlín, e que popularmente coñécese pola Igrexa da Lembranza.Os berlineses decidiron manter as ruinas para non esquecer e construir outra igrexa ao lado.Paga a pena ir a vela.Ainda que chova.

Seguimos o noso paseo e fomos baixando pola famosa avenida Ku'damm. Ainda que agora mantén todo o seu esplendor, foi nos anos vinte e trinta cando alcanzou o seu punto máximo gracias aos cafés,cabarets,casas de baile e teatros . Hoxe é unha gran avenida comercial onde exclusivas tendas e outras non tan exclusivas comparten espacio entre grandes, impresionantes e fermosas casas que dan unha idea do nivel que houbo por aquí. Andivémola toda entre cerveciñas , comendo algo e cerveciñas. O tempo non nos dou moita tregua.Xa íamos algo cansos e, despois de cear algo decidimos ir para o hostal. Alí ainda fixemos algo de festa...¡¡¡ que boa está a cervexa !!!...

domingo, enero 28, 2007

PEQUENO DE MÁIS, TARDE DE MÁIS

ONDE ESTÁ MIÑA MENTE?




ONDE ESTÁ MIÑA MENTE?


ooooh?- STOP
cos teus pes no aire e a túa cabeza no chan
intenta este truco e xiraa, yeah
túa cabeza destrozarase
mais non hai nada nela
e preguntaraste ti mesmo
onde está miña mente?
onde está miña mente?
onde está miña mente?
fora do auga
vina nadando
eu estaba nadando no Caribe
animais peleándose detrás das rocas
agás os pequenos peixes
mais eles dixéronme, él xura
intentando falarme a min a min a min
onde está miña mente?
onde está miña mente?
onde está miña mente?
fora do auga
vichela nadando?
intenta este truco e xiraa,yeah
túa cabeza destrozarase
mais non hai nada nela
e preguntaraste ti mesmo
onde está miña mente?
onde está miña mente?
onde está miña mente?
oooh
cos teus pes no aire e a túa cabeza no chan
ooooh
intenta este truco e xiraa,yeah
ooooh
ooooh

sábado, enero 27, 2007

COÑECENDO BERLIN


O día dazasete de xaneiro do 2007 pisei por primeira vez na miña vida Berlín.Xa estivera fai uns anos na Alemania, nunha viaxe ke fixera con Xaquín,gran amigo meu, máis Xavier,outro gran amigo ademais de ser tamén meu primo.Nesa ocasión viaxamos no Copa 5 Turbo de Xaquín.Fixemos arredor de seis mil kilometros cando chegamos de volta á Galiza.Estivemos en Colonia,Düseldorf e pobos cercanos moi bonitos por certo.E con moi boa cervexa,por certo.Logo fomos ata Holanda e estivemos en Eindhoven un dia e nos atopamos cunha rúa que eu lle chamo a rúa da fascinación.Era un mércores do mes de xullo e ,despois de rular pola cidade sin encontrar nada de animación ,alá ao fondo de repente aparece unha rúa chea de luces de festa..e para alí nos fomos.Ao chegar nos atopamos con un montón de xente tomando as copas ou cervexas na rúa,que estaba chea de bares,luces,música,diversión e, como xa dixen, xente de todas as razas e paises.Foi fascinante.Despois marchamos e fomos indo para París.Por alí tamén a movemos un pouco e xa fomos vindo para a Galiza.
Pero nunca estivera en Berlín.
Nesta ocasión fun co meu amigo Planeta.Fomos en avión,eso sí. Él era a primeira vez que voaba...en avión, se entende...porque voar ten voado máis dunha vez...Fomos con Air Berlin dende Santiago ata o aeroporto de Schönefeld,facendo escala en Palma de Mallorca.O aeroporto está a uns dazaoito kilómetros da cidade.Collemos o S-Bahn,que é un tren de cercanías,ata Innsbrücker Platz e alí baixamos e collemos o U-Bahn,o metro berlinés, ata Rathaus Schöneberg,que era o noso destino xa que o hostal estaba preto desta estación.Cando saímos do metro xa eran sobre as oito da tarde. ¡¡¡ Que oscuro estaba e que frío facía !!! Pero a emoción de estar pisando por primeira vez Berlín podía con calquera problema. Axiña atopamos a nosa rúa,Meiningerstrasse, na que íamos vivir unha semana. Xusto enfrente, estaba este edificio,chamado Rathaus Schöneberg . Construido entre 1911 -1914, foi o axuntamento de Schöneberg cando aínda non pertencía a Berlín.Despois da II Gran Guerra pasou a ser o centro da política do Berlín Occidental e dende aquí JFK pronunciou no ano 1963 a famosa frase "Ich bin ein Berliner"( Eu son berlinés). O reloxio da torre contén a Liberty Bell ( Campana da Liberdade ) doada polo pobo americano ao pobo berlinés. Pois por aquí diante pasábamos nos sempre de ida ou de volta. Ese primeiro día quedamos tomando unhas cervexas no hostal e descansando para saír os próximos días a descubrir Berlín.

lunes, enero 15, 2007

FALANDO SOIOS TI MAIS EU

Si eu che contara as cousas que facía antes
diríache como acostumbraba a ser
ti aceptarías a alguén coma min
si ti coñeceras a miña historia palabra a palabra
terías toda a miña historia
ti aceptarías a alguén coma min.

Falando soios ti máis eu
falando soios ti máis eu


domingo, enero 14, 2007

NUNCA PERDAS A ESPERANZA




Yo soy el hijo y el heredero,
de una tímidez que es críminalmente vulgar,
yo soy el hijo y el heredero
de nada en particular.

Cállate, como puedes decir
que hago las cosas mal
soy humano y necesito ser amado
como cualquiera.

Yo soy el hijo y el heredero,
de una tímidez que es críminalmente vulgar,
yo soy el hijo y el heredero
de nada en particular.

Cállate, como puedes decir
que hago las cosas mal
soy humano y necesito ser amado
como cualquiera.

Hay un club por si quisieras ir
donde puedes conocer a alguien que realmente te ame
asi que vas y te quedas parado esperando
y te marchas solo
y vas a casa y lloras y deseas morir

¿Cuando dices que va a suceder?
¿A cuando te refieres exactamente?
Mira, yo ya he esperado demasiado tiempo
y he perdido toda mi esperanza

sábado, enero 13, 2007

Y TE APUNTO DESDE LA FILA DE ATRÁS



Éste es tu teléfono en mi mano, en la de él,
quiromántico,
va la tuya, y dejará una raya, haz de las suyas,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

Este es su teléfono, poco más sé leer,
quiromántico,
corre, ve y dile que me enseñe la cartilla y piérdete,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

Muérete, la línea llega a la muñeca,
quiromántico.
Hace frío, y con una pluma roja le sonrío,
y te apunto desde la fila de atrás,
(quiromántico)
tengo goma y borra como "las manitas",
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico,
quiromántico.

viernes, enero 12, 2007

SIOUXSIE NO XARDIN DE HONG KONG

Outro clásico dos oitenta...a raiña do after punk...que sorte tivemos os que vivimos e crecemos nesa época dos oitenta con todos estes grupos...

jueves, enero 11, 2007

NON TE VAIAS EN SILENCIO

JOY DIVISION
Camiñas , en silencio
non te vaias , en silencio
mira o perigo
sempre perigo
conversación interminable
reconstrucción da vida
non te vaias.

Camiñas, en silencio
non te xires , en silencio
a túa confusión , a miña ilusión
levada como unha careta de auto-odio
enfréntase e despois morre
non te vaias.

A xente coma ti encóntrao fácil
desexando ver
camiñando polo aire
cazando polos ríos , polas calles
todas as esquinas abandoadas demasiado pronto
establecidas co debido cuidado
non te vaias , en silencio
non te vaias.

miércoles, enero 10, 2007

UN PAR DE CERVEZAS

Onte chamoume sobre as tres da tarde o meu colega Planeta para saber si o quería acompañar a Santiago á tardiña para tomar un par de cerveciñas. Díxome que chamara a Zurdo e así íamos os tres. Quedamos nunha cervecería e sobre as seis da tarde arrancamos para alá ( co Planeta quedamos ás cinco e media, pero como estivo vendo a Futurama pois non pudo vir antes ). Ao chegar alá chamamos a Bea e recollémola na casa. Logo fomos tomar unha cerveza a un bar que non me lembro como se chama e alí estaba Vanessa, que se unío a nos e despois fomos a outro bar para tomar outra cerceza e outro pinchiño. Alí apareciu tamén Lo. Máis tarde fomos a unha viñoteca e alí lle metemos tres botellas de viño cuns choriciños que nos quitaron o frío. A noite foise animando e veña copas e copas e tal e tal e claro....ese par de cerveciñas que íamos tomar ao principio pàra marchar pronto de volta pois non foi tal...dadas as circunstancias e cando xa logo era día, fomos todos para a casa de Bea e Lo para durmir un pouco despois dunha noite que facía tempo que non o pasaba tan ben. Unha vez máis ou menos descansados arrancamos de volta . Eran as seis e pico da tarde. Sorte que só fomos tomar un par de cerveciñas que si chegamos ir para saiiiiir.......
Ainda que, co ben que o pasei con Bea, Lo e Vanessa xa estou desexando voltar a tomar un par de cerveciñas a Santiago....A disfrutar do ambiente universitario...A ver si me chama pronto o Planeta.....

OS VENRES TAMÉN ME NAMORO



A min tamén me pasa como a Robert Smith...estou desexando ke pase a semana para ke chegue o venres e por fin verte para namorarme de ti...

domingo, enero 07, 2007

A RAPAZA CÓSMICA


Ela di que ven de Malpica, pero eu creo que ven dunha galaxia descoñecida para nós...
¡¡¡¡¡ Qué bonita é....!!!!! Veu nunha nave cósmica sentada nun sillón espacial con ese soriso e esa chispa nos ollos coa misión de repartir a súa máxica felicidade con aqueles que tivemos a sorte de coñecela....¡¡¡¡¡ Qué dulce é !!!!!
Este é o momento da súa aterrizaxe no COSMIC POP CLUB

viernes, enero 05, 2007

QUERIDOS REIXES MÁXICOS

E digo eu que xa vai sendo hora de que pasedes de todo , xa ke logo todo o mundo sabe ke non existides. E os nenos os primeiros . O que pasa ke son tan listos ke mentres fagan pensar ke cren en vos teñen regalos a mazo. Así ke xa sabedes, ide soltando ós camellos,deixadeos libres dunha vez que deben estar cheos , pero cheos de vos. Non vos dades conta ke xa ninguén se cree ke nunha noite soia vos da tempo a repartir xoguetes por todas as casas do mundo mundial?
Pero claro, mentras vos dure o chollo , a vivir do conto. E nunca mellor dito..
Lémbrome cando de pequeno tamén me tíñades engañado...Todo o ano facendo esforzos para portarme ben ( e ke a min portarme ben sempre me costou moito traballo) , cheo de ilusión esperando por esta noite...Casi ke non durmía...e cando despertaba ahí estaban os xoguetes...ainda ke casi nunca os ke eu pedía...claro , tamén eran outros tempos...eu daquela xa pedía a Plei Esteixon, pero ainda non existía...e empecei a pensar..." si son os reixes máxicos e lle pido a Plei Esteixon aínda ke non exista eles teñen ke traerma...por iso son máxicos..." Pois nada, nin reixes nin máxicos...
Así ke ide pensando en facer un comunicado dicindo ke levades dous mil anos vivindo do conto e ke por existir non existen nin os camellos....
Por certo, si pasades cerca da miña casa esta noite, lembrádevos de min ke este ano porteime moi moi moi ben, mais non me deixedes a Plei Esteixon que xa a merquei...

lunes, enero 01, 2007

LA ORUGA


Aleteas aleteas aleteas
Aquí estás
Oruga oruga oruga
Chica oruga
Que entras a raudales
Y llenas mi desesperado corazón
Oh nunca nunca te vayas
Espolvoreo mis mentiras de limón
Con polvo rosa y dulce
El día que pare
Sufres tu metamorfosis
Y te alejas de mi volando
Aleteas
Y estás hermosa
Brillas en mi mente
Me tienes hipnotizado
Estoy fascinado
Tus llamas
Las llamas que me matan con tu beso.

CALENDARIO NOVO

Xa cambiamos de ano e coma sempre coas promesas hipócritas de cambiar o mundo...cando todos sabemos que eso é imposible por unha simple razón, que para arranxar a desfeita na que convertimos este planeta primeiro temos que cambiar cada ún de nós. Esto sí que é chungo. Mentres non deixemos o egoismo, as ansias de poder , a explotación dos traballadores , dos nenos , das mulleres, de arrasar coa natureza, das guerras,dos extremismos radicais que non toleran as ideas dos demais e moitas outras cousas ke fai do ser humano o depredador máis peligroso do propio ser humano, mentres esto non de un xiro total aquí non hai ningún cambio.E, dende logo, gustaríame ser optimista mais , polo camiño que levamos son bastante pesimista.
Por todo esto penso que o único cambio real que hai é o calendario. Porque no sitio do seis agora hai un sete.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS