martes, octubre 30, 2007

CANCIÓN DE CUNA



Esta noite pasada cheguei á casa sobre as seis e media da mañán. Pensaredes que fun de carallada e tal. Pois non. O que pasa é que tou de quenda de noite no traballo e entón sobre esa hora chego. Feito polvo e ata as pelotas. Pero esa é outra historia.
O que pasou esta noite foi que, ao meterme na cama, non sei como miro para a cortina da ventana, a cal da para o patio de luces, e vexo alí un tremendo monstruo de oito patas que me deixou paralizado. Quedei mirando fixamente porque ao principio pensei que era algún tipo de alucinación pasaxeira, pero a imaxen non desaparecía así que dinme conta que era real. Cando fun quen de reaccionar, saín da cama e púxenme frente a ela para vela ben. Era unha araña gorda, pero gorda gorda....cunhas patas que parecían as dun futbolista da liga da costa. Atopábase entre a cortina e a ventana, á altura dos meus ollos, e cando me quedei mirando para ela doume a sensación que me estaba mirando tamén. Incluso moviu unha pernaza como si me saudara. Houbo un momento que se me pasou pola cabeza que xa a mataría cando despertara pola mañán. Pero soio de pensar en apagar a luz, o primeiro que se me pasou pola cabeza foi que o Monstruo de Oito Patas acabaría atrapándome coa súa telaraña para despois comerme. Foi cando, presa do pánico pero reunindo todo o valor que puiden, collín unha revista que tiña alí e, acercándome lentamente para que non dera á fuga, aplasteina contra a ventana. Despois de asegurarme ben que estaba morta a collín do chan e tireina polo water.
Hoxe cando despertei volvín a mirar para a cortina para ver si estaba alí a súa pantasma pero todo estaba normal. Ou eso parecía. Porque nunca sabes o que pode haber detrás dunha cortina. Nunca sabes..........Sempre pode estar o Monstruo de Oito Patas agochado ....esperando...observando....frotando as patas ...relaméndose...Nunca sabes.......Por eso mira sempre detrás da cortina...Por si acaso....

MESMO SOL PARA TODOS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Desde luego sigues siendo de lo peor,me sigo partiéndo el culo contigo aún, cuando hay tanta distancia por medio.
La próxima vez k veas una de esas, dásela a Zurdiño k con un arroz seguro ke te la prepara de puta madre.
Un beso desde Barcelona para los cósmicos.
Nos vemos pronto.
Gemma.

Anónimo dijo...

Ti chameen,pobre arañica.Seguro que estaba ali obserbando..acechando...por se algunha mosca, ou peor ainda, algun mmosquito ousaba entrar na tua habitacion e asi darlle caza, e ti vas e acabas ca gardian da tranquilidade de verte libre de bichos.Dende logooooo.