jueves, febrero 22, 2007

GALIZA CALIDADE


Certo é que aínda non estamos en tempo de verán para falar de praias e menos para ir a elas. Polo menos a tomar o solei ou a pegarse un baño. Pero despois do que leín un día destes pasados no xornal inglés The Guardian xa me empeza a apetecer ir a praia. E, ademáis, quero ir á millor praia do mundo mundial. Unha praia que no seu momento fora guarida de piratas, a ver si teño sorte e atopo un tesouro. E que a cor das augas sexan de azul turquesa. E que a súa area sexa branca e fina para poder arrebolarme por alí...E que sexa unha praia tranquila para que ninguén me rompa a cabeza con paranoias personais...Pero para ir a unha praia así vou ter que cruzar o Atlántico ata o Caribe, ou ata Colombia, ou ata o Brasil...ou ir ata Filipinas...ou ata Tanzania...ou ata Australia....ou...
Pois vai ser que non...que non teño que ir tan lonxe, que según o xornal inglés a millor praia do mundo mundial e a que ten todas esas cousas que eu quero e moitas máis...non está en ningún deses lugares...que vai ser que está aquí, na nosa Galiza.
E coñecida pola Praia das Rodas e pertence as Illas Cíes...Así que mira que ben...nin teño que coller avións nin estar un día ou dous enteiros de viaxe para chegar a ela...con medio día de viaxe tranquiliña e poucos cartiños xa tou nela...E o bo que ten ser Galego e vivir na Galiza...que non fai falta mirar tan lonxe para atopar as millores cousas do mundo...sexa o que sexa...témolas pegadas a nos...e nin conta nos damos...

3 comentarios:

zoa dijo...

Hola Carlos: Acabo de entrar en the house of blogs y me he quedado un poco sorprendida al ver que me pusiste un reporte en mi blog por "no estar en castellano", cuando si lo está. Supongo que ha sido un error. No tiene importancia pero he querido aclararlo porque todos nos podemos equivocar.

Gracias.

Saludos.

zoa dijo...

Muchísimas gracias por tu aclaración.

Saludos!

Anónimo dijo...

Manda ..uevos,dende logo que pouquiño coñecemos anosa terra e que grandiosa é.Seguro que os grandes piratas do pasado, ansiaban e soñaban con navegar o caron das nosas costas, enbriagandose con licor cafe e snif snif..jejejeje....para min que habia ser asi.. neipsssss,dende logo...