lunes, agosto 06, 2007

NOITE MÁXICA CON MANU CHAO





Outra data inolvidable que tiven a sorte de vivir e outra vez con Manu Chao. Este sábado día 4 de Agosto será enesquecible para min.
Marchei para Vigo pola tarde con Antón e con Marcos para ir ao concerto de Manu despois de estar tres anos sen poder velo. Fomos no coche de Marcos e noutro coche
ían Rafa, Fran e Silvia que saían da Coruña e quedamos en vernos en Padrón para tomar algo e dende alí xa ir xuntos ata Vigo. Facía moita calor. Tomamos unhas ceveziñas e mercamos nun supermercado uns bocatas e viño máis cocacola para tomar uns calimochos cando chegáramos e aparcáramos. Cando conseguimos atopar sitio para deixar o coche, Silvia viu a María de Malpica ( María da Roda ) e estiveron falando un momentiño e despois xa nos puxemos en contacto para quedar cando acabáramos de comer e beber. O concerto era na explanada do peirao do porto trasatlántico.Antes de entrar estivemos apurando a garrafa do calimocho fresquiño nas gradas que hai xusto á entrada e dende alí escoitamos a Galegoz, grupo que abriu a noite de festa.Logo xa fomos para dentro e vimos a Le Punk , grupo madrileño que nunca vira e que me gustaron moito.
Pero eu soio tiña en mente ver a Manu. Notábame excitado e feliz. Cerca do final de Le Punk Antón máis eu aproivetamos para ir buscar de beber e voltar para o sitio que tiñamos que estaba moi ben para poder velo ben e poder bailar sen agobios. Cando chegamos xunta os outros empezouse a escoitar a voz do subcomandante Marcos coa lectura do MANIFESTO ZAPATISTA ( momento emocionante ) dando comenzo ao concerto de Manu Chao e Radio Bemba. Cando saltou ao escenario e empezou a cantar un torrente de emocións e sentimentos percorréronme por dentro e por fora de min. Durante máis ou menos tres horas que durou o concerto, non paramos de bailar. Regalounos un concerto que nunca olvidarei.
Nin olvidarei cando, nun momento dado , dixo:

" Para Malpica, para Carballo....Radio Bemba aquí presente .....

Cousas de María a quen Manu Chao quere moito....e eu tamén...
Xa dixen que durou tres horas pero por min podía durar toda a noite.
Para rematar o concerto saltaron as Gharotas de Ribeira a cantar un par de cancións mentres Manu tocaba a percusión e ao final a Señora Josefa de Bastabales, amiga de Manu que con 75 anos fixo as delicias do público cantando outras cancións.
Cando rematou chamoume María para quedar con ela ( María viu o concerto dende o propio escenario ) e para pasarnos á zona vip , detrás do escenario, onde estaban Manu e os amigos de Manu. Entre eles nós. Igual que en Lalín, que tamén gracias a María poidemos estar compartindo uns momentos con Manu. Unha vez dentro tomamos unhas cerveciñas. María presentoume a Sofía das Gharotas e a Toñito de Poi,e alí estivemos un pouco falando. Manu estaba cun amigo que estaba tocando un bombo facendo algo de festa. Eu estaba mirando para Manu cando a súa mirada coincidiu coa miña e sentín algo especial. Porque ten unha mirada especial. Ao pouquiño deixou ao amigo e veu dereito hacia min e mirando para min e sonreindo. Doume a man e unha aperta. Non mo podía crer. Saudeino e pregunteille que tal estaba e a súa resposta foi:

- Feliz, feliz.
E eu lle dixen :
- Eu tamén Manu, porque me regalaches esta noite que nunca esquecerei.



Despois seguiu falando con máis xente mentres nos bebemos unha botella de viño e cando íamos marchar estivemos outro pouco con él quitando unhas fotos e botando unhas risas. María, que ía durmir ao mesmo hotel que Manu, íase retirar que estaba cansadiña e nos fomos con ela para acompañala. Antes de marchar Manu despediunos con unha sonrisa e unha aperta chea de bo rollo e enerxía positiva.
Acompañamos a María, que foi durmir e nos seguimos á festa por Churruca e xa pola mañán pola Pedra. E viñemos para Carballo pola tarde cheos de ledicia e felicidade.
Eu persoalmente, vin cansandísimo, pero pleno de ledicia. Espero que non pase moito tempo ata que o volva a ver, pero pase o tempo que pase que o volva a ver.
Manu Chao é un artista da música. Manu Chao é un artista como persoa.
Estou moi agradecido por vivir esta noite máxica con Manu Chao. E compartila con María, Marcos ( celebrou o seu cumpleanos felicitado por Manu ), Antón, Rafa, Fran e Silvia.

AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS

5 comentarios:

Anónimo dijo...

queriate ver eu bailando,oh...

María Rodríguez dijo...

Moi ben o teu blogue é xa son unha visitante cotía.
Esa noite máxica está moi ben contada, pero............as nosas fotos, devezo por velas.
bicos
María

Anónimo dijo...

solo podemos decirt FELICIDADES!

Anónimo dijo...

Qué wai!Concertazo seguro. Eu estiven no concerto de Artic Monkeys en Vigo, pero agora toca currar en Madrid...
Dasme tanta envidia(sana).Gustaríame estar en Galicia e poder disfrutar dos conciertos.
Un saludo!

Anónimo dijo...

tremendo!!!