miércoles, abril 11, 2007

O MONO CHITA



Chita acaba de cumprir 75 anos. O día 9 de Abril. Casi nada si pensamos que un animal da súa especie vive orredor de 40 anos. Por iso figura tamén no Libro Guinnes dos records como o chimpancé máis lonxevo do mundo.
Jitts, que así se chama realmente, é un macho e non unha femia como dan a entender nas súas películas que fixo con Tarzán onde era coñecida como a mona Chita. Pero xa sabemos a tendencia que teñen os americanos en facer as cousas ao revés ( en xeral, non digo todos, que algún habrá que as faga ao dereito, aínda que supoño que serán poucos ). Que fai falta unha mona para unha película, pois vamos a Africa e traemos a un mono. Que fai falta que haxa paz, pois tiramos bombas. Que fai falta cuidar o medio ambiente, pois talamos todos os bosques. Pois a todo esto e sabe Deus a que máis, sobrevive o mono Chita.
Vive tranquilamente en California pintando cadros e facendo exposicións e vendendo neles para gañarse a vida.
E unha pena que non se lle de por presentarse para presidente dos EE.UU. Ademáis , agora seguro que o tiña máis fácil para saír elexido, xa que logo os cidadáns americanos xa están acostumbrados a ter animáis como presidente. E penso que non é máis salvaxe este que o que teñen agora. E dende logo máis capaz e máis listo xa o ten demostrado.
En fin, que estou cheo de ledicia saber que este chimpancé que tan ben mo fixo pasar nos meus tempos en que vía as películas de Tarzán, esté ben de saúde.
Feliz cumpleanos Chita. Que sigas pintando o mono durante moitos anos máis.
Ah, si les esto considera seriamente a posibilidade de presentarte as eleccións. Polo ben do mundo.

No hay comentarios: