jueves, abril 12, 2007

ALEGRIAS DO INCENDIO



Parece que hai un incendio, cada vez que nos xuntamos.
Parece que hai un incendio, cando ti estás ao meu lado,
parece que estou ardendo, cando ti estás ao meu lado,
parece que estou ardendo.

Imos ter que vernos, aínda que estean todos en contra.
Imos ter que vernos, eles téñenche dabondo
e eu bótote de menos,
eles téñenche dabondo e eu bótote de menos.

Isto é para contarche, que aquí te espero,
para dicirche ao oído o que te quero,
para poder dicirche o que te quero,
así que xa o sabes, aquí te espero.

Antes de deixar, xitana, de quererte e adorarte,
antes de deixar, xitana, secáronse os mares
e a luz da mañá,
secáronse os mares e a luz da mañá.

Porque te levo dentro, como á miña vida,
es dona e señora do alma miña.

Que nuble o azul do ceo, pídeme que apague o sol,
que nuble o azul do ceo, pero non me pidas, non,
que esqueza o que te quero,
pero non me pidas, non, que me esqueza do que te quero.

Mira que eres bonita, que guapa eres,
eres a máis bonita das mulleres,
eres a máis bonita das mulleres.
Mira que eres bonita, que guapa eres.

3 comentarios:

Suso Lista dijo...

Non o poiden ver o video, non sei que di de available. ¿Que fais que non estás vendo a Racsoi? ¿ou si ?

Anónimo dijo...

eu tampouco a puiden ver; pero, como xa che dixen, é preciosa esta canción

Anónimo dijo...

cacho hot video!!!