miércoles, marzo 12, 2008

THE CURE EN LISBOA




Pavilhao Atlántico de Lisboa....as nove e cinco da noite...e saen ao escenario...Jason Cooper para a batería, que por certo, fai con ela o que lle da a gana, Porl Thompson á guitarra, que por certo, fai con ela o que lle da a gana, Simon Gallup ao baixo , que por certo , fai con él o que lle da a gana, e o Sr. Robert Smith ( deste xa non sei que dicir )...19.000 persoas empezan a tolear cando abren o concerto con Plainsong...e despois de tres horas a xente acaban de tolear cando cerran con Killing An Arab...Robert Smith está como nunca...porque tremendo de concerto de tres horas e cinco minutos exactamente e trinta e sete cancións...quero expresar o que vivín alí pero non son capaz...ou igual é que tampouco quero...hai tempo que a felicidade non se arrima a min, pero o sábado estivo comigo durante tres horas...e non sei cando voltará a min...



Vivín o concerto casi adiante de todo, vendo os xestos , os movementos, e todo o que puden de Robert e máis do resto e non hai concerto comparable hoxe en día...Estiven soio na miña nube , vivindo momentos para compartir sin ter con quen compartilos ( quizais sexa esta á unica pena que me queda, que non poidera compartir as emocións que sentín alí con ninguén, pero é o que ten cando un está soio )...
Espero que non pase moito tempo ata que volva a ver aos Cure...porque voltarei a ser feliz, ainda que sexa soio por tres horas...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimado C.T.P..Unha noite lisboeta maxica,ko teu idolo e os amigos¡¡¡¿Como un humano pode estar so entre 19000 persoas?.Eu creo que hai unha 3ª dimension onde viaxamos cando estamos en extasis,cando as emocions estan nas puntas dos pelos.¿Eso chamase ESTADO INGRAVITO?.neses intres e moito difichele explicarse...ata fisterra camiñando o teu caron amigo

Anónimo dijo...

Por fin, estaba eu esperando esta crónica; ainda que so sexa para sufrir un pouco de envidia (da insana). Quen puidera estar ali contigo e Roberto... Outra vez será.. Bicos. Sara

Anónimo dijo...

deus presidente e sintonia do partido una cancion de the cure!

bicos de franc3s

Anónimo dijo...

amiguete, bótelle un orellazo a esto:

http://www.adn.es/cultura/20080403/VID-0057-Entrevista-Chinarro-Sr-backstage.html

apertas

Suso Lista dijo...

Que sorte a tua. Acordaraste toda avida de esa noite. Saúdos

Anónimo dijo...

Non escribo para opinar sobre esta entrada. Se non para meterche présa para que escribas máis. Vichs que alguén che deixou un comntario novo na entrada que fixeches sobre a inaguración do Cosmic. Ca te podes imaxinar de quén é... Biquiños e ata dentro dunhas pouvas semanas. Vane.

Anónimo dijo...

Ah, polo que di a entrada famosa, tamén te podes imaxinar que ía dirixida a Deus. Ese rei misterio éche moi metedizo. Máis biquiños, Vane.