
Aínda que o parezca, non é un oficial da Stasi, senón que é o Planeta retratándose diante do muro.
Seguimos andando e ó lonxe xa aparecía o Reichstag, actual sede do Parlamento alemán.

Pero de pronto atopámonos coa tremenda homenaxe que os berlineses quixeron facer ao exterminio dos xudíos. Construido no mesmo centro da cidade, o Memorial do Holocausto consta de 2711 bloques de pedra de diferentes tamaños cun peso medio de oito toneladas. Forman unha especie de laberinto xa que a medida que vas entrando nel máis altas son as pedras e chega un momento que casi non sabes onde estás. É impresionante.


Pretiño xa está a Porta de Brandenburgo. Aparte da historia que ten, como o roubo da cuadriga que a corona por parte de Napoleón, que a levou para París e a súa posterior recuperación, o que máis me emocionou ó vela foi pensar na tremenda de festa que deberon facer os berlineses aquí tras a caída do muro. ¿ Alguén se pode imaxinar como sería ? Emoción, bágoas, risas, apertas entre amigos ou familiares que durante casi trinta anos estiveron separadas por culpa duns colgaos que se lles dou por facer unha parede como si alí acabara o mundo...o peor e que non damos aprendido e aínda seguen construindo muros....

A cervexa que deberon beber aquí...non o podo nin imaxinar, porque estes alemáns todo o que fan fano ao grande.
Logo xa chegamos ao Reichstag...

Todo o mundo facendo cola para subir á cúpula, que disque flipas coas vistas e non sei que máis...pero nos xa tiñamos sede e preferimos ir tomar unhas cerveciñas que xa estaba ben de turisteo e xa nos fomos adentrando no Berlín Este e entre garimba e garimba fomos chegando a Alexplatz...xa preto da noite porque antes das cinco pouco día quedaba...e aínda se nota a diferencia dun lado ao outro despois de tanto tempo sen muro...de feito ainda hai marcas da guerra nas paredes de certos edificios...

Despois da dar unha voltiña por ela e subir a torre de televisión ( a máis alta de Europa )que está no mesmo centro da plaza e ver Berlín dende uns douscentos metros de altura fomos de retirada para o hostal a descansar un pouco xa que aínda quedaba toda a noite.
Pero esa é outra historia.