miércoles, enero 10, 2007

UN PAR DE CERVEZAS

Onte chamoume sobre as tres da tarde o meu colega Planeta para saber si o quería acompañar a Santiago á tardiña para tomar un par de cerveciñas. Díxome que chamara a Zurdo e así íamos os tres. Quedamos nunha cervecería e sobre as seis da tarde arrancamos para alá ( co Planeta quedamos ás cinco e media, pero como estivo vendo a Futurama pois non pudo vir antes ). Ao chegar alá chamamos a Bea e recollémola na casa. Logo fomos tomar unha cerveza a un bar que non me lembro como se chama e alí estaba Vanessa, que se unío a nos e despois fomos a outro bar para tomar outra cerceza e outro pinchiño. Alí apareciu tamén Lo. Máis tarde fomos a unha viñoteca e alí lle metemos tres botellas de viño cuns choriciños que nos quitaron o frío. A noite foise animando e veña copas e copas e tal e tal e claro....ese par de cerveciñas que íamos tomar ao principio pàra marchar pronto de volta pois non foi tal...dadas as circunstancias e cando xa logo era día, fomos todos para a casa de Bea e Lo para durmir un pouco despois dunha noite que facía tempo que non o pasaba tan ben. Unha vez máis ou menos descansados arrancamos de volta . Eran as seis e pico da tarde. Sorte que só fomos tomar un par de cerveciñas que si chegamos ir para saiiiiir.......
Ainda que, co ben que o pasei con Bea, Lo e Vanessa xa estou desexando voltar a tomar un par de cerveciñas a Santiago....A disfrutar do ambiente universitario...A ver si me chama pronto o Planeta.....

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero si seredes crápulas . . . Asi non hai quen vos faga bos, que sinxelo e montar a foliada con vos.
Saúdos dende o 19