sábado, enero 27, 2007
COÑECENDO BERLIN
O día dazasete de xaneiro do 2007 pisei por primeira vez na miña vida Berlín.Xa estivera fai uns anos na Alemania, nunha viaxe ke fixera con Xaquín,gran amigo meu, máis Xavier,outro gran amigo ademais de ser tamén meu primo.Nesa ocasión viaxamos no Copa 5 Turbo de Xaquín.Fixemos arredor de seis mil kilometros cando chegamos de volta á Galiza.Estivemos en Colonia,Düseldorf e pobos cercanos moi bonitos por certo.E con moi boa cervexa,por certo.Logo fomos ata Holanda e estivemos en Eindhoven un dia e nos atopamos cunha rúa que eu lle chamo a rúa da fascinación.Era un mércores do mes de xullo e ,despois de rular pola cidade sin encontrar nada de animación ,alá ao fondo de repente aparece unha rúa chea de luces de festa..e para alí nos fomos.Ao chegar nos atopamos con un montón de xente tomando as copas ou cervexas na rúa,que estaba chea de bares,luces,música,diversión e, como xa dixen, xente de todas as razas e paises.Foi fascinante.Despois marchamos e fomos indo para París.Por alí tamén a movemos un pouco e xa fomos vindo para a Galiza.
Pero nunca estivera en Berlín.
Nesta ocasión fun co meu amigo Planeta.Fomos en avión,eso sí. Él era a primeira vez que voaba...en avión, se entende...porque voar ten voado máis dunha vez...Fomos con Air Berlin dende Santiago ata o aeroporto de Schönefeld,facendo escala en Palma de Mallorca.O aeroporto está a uns dazaoito kilómetros da cidade.Collemos o S-Bahn,que é un tren de cercanías,ata Innsbrücker Platz e alí baixamos e collemos o U-Bahn,o metro berlinés, ata Rathaus Schöneberg,que era o noso destino xa que o hostal estaba preto desta estación.Cando saímos do metro xa eran sobre as oito da tarde. ¡¡¡ Que oscuro estaba e que frío facía !!! Pero a emoción de estar pisando por primeira vez Berlín podía con calquera problema. Axiña atopamos a nosa rúa,Meiningerstrasse, na que íamos vivir unha semana. Xusto enfrente, estaba este edificio,chamado Rathaus Schöneberg . Construido entre 1911 -1914, foi o axuntamento de Schöneberg cando aínda non pertencía a Berlín.Despois da II Gran Guerra pasou a ser o centro da política do Berlín Occidental e dende aquí JFK pronunciou no ano 1963 a famosa frase "Ich bin ein Berliner"( Eu son berlinés). O reloxio da torre contén a Liberty Bell ( Campana da Liberdade ) doada polo pobo americano ao pobo berlinés. Pois por aquí diante pasábamos nos sempre de ida ou de volta. Ese primeiro día quedamos tomando unhas cervexas no hostal e descansando para saír os próximos días a descubrir Berlín.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario