lunes, enero 29, 2007

SEGUNDO DIA EN BERLIN





Erguémonos sobre as oito da mañán e despois dunha boa ducha baixamos a desaiunar ao comedor do hostal. Mirar pola ventana para afora non era moi alentador para sair a patear as rúas . Entre o que chovía, o vento que facía e o frío que se adiviñaba dende o comedor, daban gañas de subir para a habitación e meterse na cama outra vez. Pero nos dixemos :" ¿ Cooomo ? Somos da Costa da Morte. Vamos pasear por Berlín,chova ou quente o sol." E así foi. Saímos do hostal e fixemos un recoñecemento do noso barrio. Menuda molladura nos pillamos.Fomos para o metro e decidimos ir a dar unha volta a Kurfürstendamm (os berlineses chámana Ku'damm ), unha das avenidas principais da cidade.Saímos na U-Bahn de Zoologischer Garten e dende alí fomos ver as ruinas da igrexa Kaiser Wilhelm, que foi bombardeada durante a II Gerra Mundial polos aliados na chamada Batalla de Berlín, e que popularmente coñécese pola Igrexa da Lembranza.Os berlineses decidiron manter as ruinas para non esquecer e construir outra igrexa ao lado.Paga a pena ir a vela.Ainda que chova.

Seguimos o noso paseo e fomos baixando pola famosa avenida Ku'damm. Ainda que agora mantén todo o seu esplendor, foi nos anos vinte e trinta cando alcanzou o seu punto máximo gracias aos cafés,cabarets,casas de baile e teatros . Hoxe é unha gran avenida comercial onde exclusivas tendas e outras non tan exclusivas comparten espacio entre grandes, impresionantes e fermosas casas que dan unha idea do nivel que houbo por aquí. Andivémola toda entre cerveciñas , comendo algo e cerveciñas. O tempo non nos dou moita tregua.Xa íamos algo cansos e, despois de cear algo decidimos ir para o hostal. Alí ainda fixemos algo de festa...¡¡¡ que boa está a cervexa !!!...

No hay comentarios: