martes, enero 30, 2007

TERCEIRO DIA EN BERLIN ( pola mañán )



O venres madrugamos de novo e entre varias opcións escollemos empezar o día visitando Potsdamer Platz. Saímos de novo do hostal co tempo en contra, pero con tóda-las gañas de descubrir sitios e cousas novas. Fomos chovendo de novo para a nosa U-Bahn de Rathaus Schöneberg ata Nollendorfplatz. Alí deixamos a liña U4 e montamos na U2 e despois de catro paradas chegamos á Potsdamer. Sinceramente o que fixeron nesa praza e en toda esa zona é impresionante, xa que este lugar,como tantos outros, tamén quedou totalmente destruido nos bombardeos dos aliados. Nesta praza, na que dende o século dazanove se desenrolou unha grande actividade comercial e cultural, instalouse o primeiro semáforo de Europa alá polo 1924. Ata a caída do muro non se restaurou esta zona e nunha década fixeron un centro de comercio e de ocio con edificios futuristas onde destaca o Sony Center. Aínda que eu gosto máis do pasado que do futuro teño que recoñecer que flipamos vendo o que alí montaron. Na actualidade celébrase a famosa Berlinale nesta plaza. Tamén hai unha réplica do semáforo.
Nos, claro, pasámolo en vermello. E que senón non ten chiste. E pretiño dalí hai outra pequena praza adicada a Marlene Dietrich. E por alí andivemos pola mañán, entre cafés e prontiño xa unhas cerveciñas...máis que nada por tomar cousas típicas da Alemania, porque salchichas nin a primeira. Para a tarde quedaba o máis emocionante. Polo menos para min.

No hay comentarios: