Ás doce e pico marchamos da Potsdamer e puxemos rumbo á parte este. Íamos ir no metro ata Alexanderplatz, situada no centro de Berlín e corazón do Berlín Oriental. Pero, milagrosamente , o sol aparecíu e unhas raiolas quixeron acompañarnos mentras íamos camiñando hacia a Porta de Brandenburgo. Cada un de nos levaba cadanseu emepetrés. O Planetita levaba unha banda sonora integramente composta por grupos españois, entre eles Tarántula, Metro , Parálisis Permanente; eu levei como banda sonora ao Sr. Chinarro, The Cure e Joy Division. Ao pouca distancia da Potsdamer xa nos atopamos co muro...nese momento ía escoitando a Joy Division ( qué millor grupo para ese paseo ). Míralo e pregúntaste: " ¿ así que ti eres parte dese muro do que tanto oín falar e que separou tantos anos a tanta xente?"
Aínda que o parezca, non é un oficial da Stasi, senón que é o Planeta retratándose diante do muro.
Seguimos andando e ó lonxe xa aparecía o Reichstag, actual sede do Parlamento alemán.
Pero de pronto atopámonos coa tremenda homenaxe que os berlineses quixeron facer ao exterminio dos xudíos. Construido no mesmo centro da cidade, o Memorial do Holocausto consta de 2711 bloques de pedra de diferentes tamaños cun peso medio de oito toneladas. Forman unha especie de laberinto xa que a medida que vas entrando nel máis altas son as pedras e chega un momento que casi non sabes onde estás. É impresionante.
Pretiño xa está a Porta de Brandenburgo. Aparte da historia que ten, como o roubo da cuadriga que a corona por parte de Napoleón, que a levou para París e a súa posterior recuperación, o que máis me emocionou ó vela foi pensar na tremenda de festa que deberon facer os berlineses aquí tras a caída do muro. ¿ Alguén se pode imaxinar como sería ? Emoción, bágoas, risas, apertas entre amigos ou familiares que durante casi trinta anos estiveron separadas por culpa duns colgaos que se lles dou por facer unha parede como si alí acabara o mundo...o peor e que non damos aprendido e aínda seguen construindo muros....
A cervexa que deberon beber aquí...non o podo nin imaxinar, porque estes alemáns todo o que fan fano ao grande.
Logo xa chegamos ao Reichstag...
Todo o mundo facendo cola para subir á cúpula, que disque flipas coas vistas e non sei que máis...pero nos xa tiñamos sede e preferimos ir tomar unhas cerveciñas que xa estaba ben de turisteo e xa nos fomos adentrando no Berlín Este e entre garimba e garimba fomos chegando a Alexplatz...xa preto da noite porque antes das cinco pouco día quedaba...e aínda se nota a diferencia dun lado ao outro despois de tanto tempo sen muro...de feito ainda hai marcas da guerra nas paredes de certos edificios...
Despois da dar unha voltiña por ela e subir a torre de televisión ( a máis alta de Europa )que está no mesmo centro da plaza e ver Berlín dende uns douscentos metros de altura fomos de retirada para o hostal a descansar un pouco xa que aínda quedaba toda a noite.
Pero esa é outra historia.
miércoles, enero 31, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
HOLA TASENDE ME GUSTARON LAS FOTOS PERO QUIERO SABER QUIEN COÑO ES PLANETITA PORQUE A TI Y A DEUS YA OS CONOZCO PERO NO SE QUIEN ES ESE ME LO PUEDES ACLARAR PORFA.MUCHAS GRACIAS. UN BESAZO
HOLA TASENDE ME GUSTARON LAS FOTOS PERO QUIERO SABER QUIEN COÑO ES PLANETITA PORQUE A TI Y A DEUS YA OS CONOZCO PERO NO SE QUIEN ES ESE ME LO PUEDES ACLARAR PORFA.MUCHAS GRACIAS. UN BESAZO
Que pasa James . . . Guapas, guapas as fotos, sobre todo as do Memorial ao Holocausto. E quen é esa que non sabe que vive baixo o alcume de Planeta . . . canta ignorancia. Saúdos dende o andar 19 "amijo"
O do Planetita é todo un éxito na rede, xa sabes deberías incluir mais fotos!
Publicar un comentario