E digo eu que xa vai sendo hora de que pasedes de todo , xa ke logo todo o mundo sabe ke non existides. E os nenos os primeiros . O que pasa ke son tan listos ke mentres fagan pensar ke cren en vos teñen regalos a mazo. Así ke xa sabedes, ide soltando ós camellos,deixadeos libres dunha vez que deben estar cheos , pero cheos de vos. Non vos dades conta ke xa ninguén se cree ke nunha noite soia vos da tempo a repartir xoguetes por todas as casas do mundo mundial?
Pero claro, mentras vos dure o chollo , a vivir do conto. E nunca mellor dito..
Lémbrome cando de pequeno tamén me tíñades engañado...Todo o ano facendo esforzos para portarme ben ( e ke a min portarme ben sempre me costou moito traballo) , cheo de ilusión esperando por esta noite...Casi ke non durmía...e cando despertaba ahí estaban os xoguetes...ainda ke casi nunca os ke eu pedía...claro , tamén eran outros tempos...eu daquela xa pedía a Plei Esteixon, pero ainda non existía...e empecei a pensar..." si son os reixes máxicos e lle pido a Plei Esteixon aínda ke non exista eles teñen ke traerma...por iso son máxicos..." Pois nada, nin reixes nin máxicos...
Así ke ide pensando en facer un comunicado dicindo ke levades dous mil anos vivindo do conto e ke por existir non existen nin os camellos....
Por certo, si pasades cerca da miña casa esta noite, lembrádevos de min ke este ano porteime moi moi moi ben, mais non me deixedes a Plei Esteixon que xa a merquei...
viernes, enero 05, 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
parece que tes razon co dos reis pero eras ben listiño o digo polo da consola roubaronche o invento
Publicar un comentario