sábado, febrero 03, 2007

TERCEIRO DIA EN BERLIN ( pola noite )

Descansamos e durmimos un pouco, que nos facía boa falla e, despois dunha ducha que tampouco veu nada mal, saímos do hostal.Pensamos que sería boa idea coñecer a noite do noso barrio,Schöneberg, xa que tiñamos entendido que había tabernas e pubs moi interesantes. Así que para esa zona nos diriximos,sempre co mal tempo de acompañante. Ceamos algo por alí, aínda que non lembro o qué. O que sí lembro
e que salchichas non foron. Despois atopamos un pub que se chama Nachbar e entramos. Serían as oito e media ou nove. Había ambientillo . Todo o mundo estaba bebendo cócteles pero nos íamos ao noso rollito e pedimos uns garimbóns ricos ricos. E que a cervexa alí está moi boa. A nosa Estrella Galicia gústame moito, pero as cousas son como son e a cervexa alemana ten unha duda de carallo. Alí botamos un bo anaco, xa que aquelo foise animando máis e aparte estábase quentiño. Estaba picando discos un rapaz de color e a verdade que moi ben. Picaba con vinilos e a música era oitenteira. Ademáis facía unhas mezclas que non estaban nada mal. O Planeta estivo a punto de facerlle unha oferta para traelo a pinchar ao Cosmic Pop Club como dj residente. Nese momento eu recordeille que , non é por nada, pero que téndome a min non sei para que quería outro picadiscos. Daquela desistiu .Neso chamoume Lupe dende Carballo un pouco alarmada pregúntandome si estábamos ben, xa que acababa de ver as novas no telexornal que dicían que Europa e concretamente Berlín estaba sendo azotada por un temporal campal. Foi cando nos demos conta de que efectivamente non era normal tanto mal tempo que tivéramos e ainda tiñamos esos días. Marchamos e fomos buscar unha rúa na que estaban outros dous pubs dos que oíramos falar. Axiña os atopamos e primeiro fomos a un que se chama Mister Hu, un pub pequeno que estaba tamén bastante ben. Alí tomamos unhas copas. Por certo, os precios tanto das cervexas como das copas son sorprendentemente baratos. O mesmo que comer ou tomar uns cafés. Berlín é unha cidade máis asequible nese sentido do que eu pensaba. Despois de tomar un par delas fomos ata o Café M. Deste bar cóntase que si non podes aguantar o volume tan alto da música rock que podes saír para a terraza e tomar alí as copas. Nin música rock nin volumen alto. Había un bo rollito, pero nada máis. Alí foi onde o Planeta se soltou por fin cos idiomas e, aproveitando que fun ao servicio tratou co camarero a conta. O meu colega non lle entendía nin papa, pero o camarero a él suponse que sí cando escoito que lle dicía o Planeta: " Güí güí, a tutiplé ". Sorprendentemente o paisano cobrounos todo e ata pensamos que nos invitou a unha volta. Foi este camarero, moi simpático él,quen nos mandou ao Habana despois de preguntarlle por algún outro pub de música rocanrolera. Cando chegamos alí nos atopamos cunha discoteca de dous pisos onde , como xa o nome indica, era de música hispana ou latina, para xente hispana ou latina.Estivemos dentro un pouco tomando unha copa, pero como non era o noso rollito nos piramos para o hostal. Non vou contar como foi o camiño de volta andando polas calles de Berlín ás cinco da mañán porque iso queda para nós. E que non se pode contar. Tampouco hai fotos desta noite. Que nos saibamos. E, dende logo, millor que non as haxa.

No hay comentarios: