miércoles, febrero 28, 2007

HAICHE MOITO ARTISTA

Nesta pasada edición do Arte Contempóraneo ( ARCO )celebrado a mediados deste mes de Febreiro en Madrid houbo un acontecemento que, dende logo, e con todos os respectos , dame a risa. E por outro lado reafírmame na miña opinión sobre o arte abstracto. Perdón, sobre o abstracto, porque de arte non ten nada. Porque vamos a ver, un pintor ou escultor ou o que sexa, un día de punto dáselle por coller un lenzo ou unha pedra e ponse a facer unha desfeita cos materiais utilizados e unha vez rematado din que o fixeron baixo un estado tal ou cual e bla bla bla....e por enriba si son famosos ou se expoñen en certos museos esas " obras " collen un valor de miles e miles de euriños que eu, dende a miña ignorancia, non chego a entender.
Aínda que os yuppies, que tamén son bastante abstractos e que parece que están uns escalóns mais arriba ca o resto da peña, sí entenden e sinten o que o " artista " quere transmitir.
Unha periodista conseguíu pasar e colgar un cuadro pintado por nenos de tres e catro anos nunha escola. Puxéronlles un lenzo e unhas pinturas e déronlle carta branca para que fixeran o que lles dera a gana. E vaia si o fixeron. Crearon unha obra de arte abstracto que para sí quixeran os grandes da historia.
Unha vez colgado na exposición de ARCO nun oco que a periodista encontrou por alí, e sin que ninguén dos visitantes soupera a quen pertencía, empezou a preguntar aos que se paraban a admirar maravillados semellante pedazo de "obra de arte".
Unha das preguntas era :
-¿ Qué pensa vostede que quere transmitir o artista con este cuadro ?
E claro , as respostas dos yuppies aínda teñen máis arte que o propio cuadro:
-Pues para mi, el artista en el momento de crear esta obra estaba en un momento de desesperación y angustia y bla bla bla...
-Pues para mi tiene una clara carga erótica reflejada en bla bla bla...
-Pues para mi se distingue claramente un paisaje vegetal porque bla bla bla...
Imaxínome á periodista partíndose da risa porque bueno...non ten xeito...
Menos mal que un rapaz xoven que pasaba por alí dixo que ese cuadro tiña pinta de que fora pintado por nenos pequenos. Imaxínome os xestos de desprecio dos "entendidos yuppies" hacia o rapaz pola súa ignorancia artística...
Aos yuppies tamén lles parecía barato cando lle dicían que estaba valorado en 15.000 euriños...Pois si algún lee esto, aínda que o dubido, que me pida a min que lle faga arte abstracto, que llo fago máis barato e ademáis ao momento.
Vou ver si me poño en contacto cos rapaciños estes e chegamos a un acordo para facer unha producción en cadea e forrarnos a conta destes que tanto entenden...
Como dixen antes, non paro de rir. Eso sí, con tódolos respectos...

lunes, febrero 26, 2007

SOIO PORQUE O SINTAS...



Nunha oscuridade absoluta vou paseando na túa paisaxe
ramas rotas tropézanme mentras falo
soio porque o sintas non significa que esté ahí.
soio porque o sintas non significa que esté ahí.
Sempre hai unha serea cantándoche hacia o naufraxio
non extendas a man, non extendas a man.
Navega lonxe destas rochas,
seríamos unha desfeita en dúas pernas
non extendas a man, non extendas a man.
Soio porque o sintas non significa que esté ahí.( Hai alguén no teu hombro )
Soio porque o sintas non significa que esté ahí.
¡ Ahí ! ¡ Ahí !

¿ Por qué tan verde e solitaria ?
Solitaria...
Solitaria...

O ceo envioute a min
a min...
a min...

Somos accidentes a punto de pasar...
Somos accidentes a punto de pasar...

jueves, febrero 22, 2007

GALIZA CALIDADE


Certo é que aínda non estamos en tempo de verán para falar de praias e menos para ir a elas. Polo menos a tomar o solei ou a pegarse un baño. Pero despois do que leín un día destes pasados no xornal inglés The Guardian xa me empeza a apetecer ir a praia. E, ademáis, quero ir á millor praia do mundo mundial. Unha praia que no seu momento fora guarida de piratas, a ver si teño sorte e atopo un tesouro. E que a cor das augas sexan de azul turquesa. E que a súa area sexa branca e fina para poder arrebolarme por alí...E que sexa unha praia tranquila para que ninguén me rompa a cabeza con paranoias personais...Pero para ir a unha praia así vou ter que cruzar o Atlántico ata o Caribe, ou ata Colombia, ou ata o Brasil...ou ir ata Filipinas...ou ata Tanzania...ou ata Australia....ou...
Pois vai ser que non...que non teño que ir tan lonxe, que según o xornal inglés a millor praia do mundo mundial e a que ten todas esas cousas que eu quero e moitas máis...non está en ningún deses lugares...que vai ser que está aquí, na nosa Galiza.
E coñecida pola Praia das Rodas e pertence as Illas Cíes...Así que mira que ben...nin teño que coller avións nin estar un día ou dous enteiros de viaxe para chegar a ela...con medio día de viaxe tranquiliña e poucos cartiños xa tou nela...E o bo que ten ser Galego e vivir na Galiza...que non fai falta mirar tan lonxe para atopar as millores cousas do mundo...sexa o que sexa...témolas pegadas a nos...e nin conta nos damos...

martes, febrero 20, 2007

LUNS DE ENTROIDO

O entroido é o que ten, que persoaxes tan diferentes , inquietantes, demoníacas,entrañables, simpáticas e extrañas mestúranse nos locais e na vida destos días...ver o Demo visítándonos entre Mimos,Mafiosos,Geishas,Toreros e Moscas,entre outros moitos é esperanzador...é unha clara proba de que si se quere podemos todos,sexamos como sexamos, vivir en paz e armonía e levarnos ben que é como ten que ser...En algúns lugares do Planeta Terra xa podían estar todo o ano de entroido...
Dende a cabina do picadiscos do COSMIC POP CLUB...



...geishas increibles...



...toreros ou banderilleiros...



...gangster compartindo copa con líder da resistencia francesa...



...ganster con clase...




...demo bonachón...



...demo que mete medo...



...mimo...



...e extrañas moscas...

sábado, febrero 17, 2007

VENRES DE ENTROIDO

Como cada ano no entroido, a xente exprime a súa imaxinación para que o seu disfraz sexa o máis divertido, ou o máis espectacular, ou o que trata dun tema de actualidade, ou do que sexa...mais hai tradicións que se están perdendo...Onte no COSMIC POP CLUB e no PUB SILFO poidemos ver un pouco de todo....


...unha vaca leiteira...



...unha tremenda de transexual e unha india...



...de bandeira da nosa Galiza...



...de palestinos reivindicativos...



...de músicos...



...de Marilyn Manson...



...de fermosa rapaza dos anos vinte mirando para dúas visitantes cósmicas...



...de bonita xitaniña...



...e de líder de grupo pop da nova movida británica...

Pero o que o botei de menos foi ver ese típico disfraz, ese ao que sempre había que recurrir cando non había outra cousa...ese mono azul cunha careta dun monstruo ( tanto podían ser do monstruo de Palomares coma de calquera outro ). Por iso dicía ao principio que se están perdendo as tradicións.
Aínda que manteño a esperanza de velo no que queda de entroido.

miércoles, febrero 14, 2007

SEMPRE Á TÚA BEIRA



Sorpresa, algunha vez
estaremos pretiño
sorpresa, algunha vez
estaremos pretiño.
Algunha vez sorprendereite
estarei preto
algunha vez sorprendereite
estarei preto
cando estés deprimida.

domingo, febrero 11, 2007

SEXTO E SEPTIMO DIA EN BERLIN

O luns andivemos buscando unha tenda de roupa de segunda man chamada Garage, que a vende ao kilo. A 13´99 euriños o kilo. Tiñamos a dirección, e cando no hostal preguntamos por onde quedaba, a recepcionista marcounos no mapa a zona onde tiñamos que ir. E para alí nos fomos. O tempo seguía chungo e, aínda que o temporal que tiveramos os días anteriores xa marchara, de vez en cando chovía e o facía moito frío. De camiño atopámonos con esta igrexa. Esta sí que é unha igrexa guapa e non a de Carballo.




Cando chegamos pronto encontramos a rúa, pero non había rastro da tenda.Estivemos buscando e buscando, incluso en distintas rúas a que nos tiñamos anotada e nada. Parecíanos imposible. Ata que nun momento dado, preguntamos a un rapaz que pillamos por alí, e díxonos que estábamos no sitio equivocado. A rúa máis a tenda que buscábamos estaban noutra parte da cidade. Cerca de Nollendorfplatz,que estaba ao norte do hostal, e a nos mandáronnos ao sur. O despiste foi debido a que o sitio a onde nos enviou a rapaza do hostal tamén se chamaba igual que a onde queríamos ir realmente. Xa eran cerca das oito da tarde, polo que decidimos deixalo para o día seguinte, e como tiñamos que madrugar, xa ke as dez deixábamos o hostal,fomos descansar.
Como o martes íamos ir para o aeroporto sobre as nove da noite, pedímoslle á xentiña do hostal se podíamos deixar alí as maletas para así aproveitar o día sen cargar con elas e dar unha última volta por Berlín. E así foi. Marchamos para Nollendorfplatz, e ao pouco xa atopamos a tenda,pero aínda estaba pechada. Aproveitamos e fomos dar unha volta por unha calle comercial para ver si comprábamos algunhas cousiñas. Máis tarde fomos ata Garage. As referencias que tiñamos desta tenda eran que había roupa a mazo, guapa, onde escoller e bla bla bla...Ou fomos nunha época baixa ou non é tanta historia como din. Sí había bastante roupa, pero a maioría feita polvo. Eu esperábame outra cousa. Sabendo que era así non perdía tanto tempo buscando por ela o día anterior. Pero son cousas que pasan.Marchamos sen mercar nada.Estivemos facendo tempo tomando unhas últimas cervexas en Berlín e cando foi hora voltamos ao hostal polas cousas e marchamos para o aeroporto deixando Berlín atrás.



Algún día espero voltar e disfrutarte como te disfrutei nesta ocasión,pero sen temporal e en primaveira.

BERLIN CIDADE QUE NON ESQUECE
BERLIN CIDADE PARA NON ESQUECER

jueves, febrero 08, 2007

FE



Cólleme si me caigo
estou perdendo pe
non podo seguir así
e cada vez
que me vou
perdo outro xogo a cegas
a idea da perfección retenme
de súpeto véxote cambiar
todo á vez
o mesmo
pero a montaña non se move...

Viólame coma un neno
bautizado en sangue
pintado como un santo descoñecido
soio fica a espranza...
A túa voz está morta
e vella
e sempre valeira
confía en min nos anos que se van pechando
os momentos perfectos espérannos...
si soio puidéramos quedarnos
por favor
dime as palabras xustas
ou chorarei como un Pierrot
e estás
para sempre perdida no medio dun xentío feliz

Ninguén levanta as mans
ninguén levanta os ollos
xustificándose con palabras valeiras
a festa mellora por momentos...

Marchei soio
sen nada máis
que a fé.

QUINTO DIA EN BERLIN

O domingo tamén nos levantamos casi de noite xa que nos metemos na cama casi de día. O tempo, igual que os días anteriores, estaba chunguísimo. Collemos o metro e despois de comer en calquera lado por alí, fomos para Berlín Este. Baixamos na estación de Alexplatz e cando saímos á rúa a verdade que collemos un agobio que nin falábamos. Xa era noite ( serían as cinco e cuarto ),facía tanto aire e facía tanto, tanto, tanto frío que si tiveramos o avión alí aparcado nos pirábamos para Brasil ou para onde fora pero sin pensalo. Pero como non tiñamos o avión alí pois tivemos que tirar para diante. Estivemos camiñando por rúas nas que aínda a diferencia co Berlín Oeste son notables.

Tamén nos adentramos nun calexón onde nos atopamos sen querer cun museo adicado á xoven xudía Anne Frank...

Despois de saborear certos sentimentos que dificilmente poido describir, fomos saborear unhas cervexas ( como non ) aos cafés desta zona. Cafés bohemios, con pouca luz pero con moita vida e moi interesantes. O tempo neles parece deterse mentras observas e pensas cantas historias de amor, de odio ou de recelos acontecerían neles en tempos pasados.
Despois fomos na busca da rúa Oranienburger strasse, xa que alí está o Café Zapata, mítica casa okupa, onde na actualidade e un edificio aberto a todo tipo de cultura alternativa, dende concertos tódolos días ata exposicións de pintura ou outras actividades alternativas...Despois dun bo anaco e dunha boa cea chegamos ao Zapata.
Como xa dixen antes, hai concertos a diario, e o domingo no ía ser menos. Para entrar houbo que pagar dez euriños cada un e, unha vez dentro as cervexas costaban dous e medio. Estaban tocando nese intre un grupo chamado Pinboys. Eran os teloneros de One Fine Day, grupos punks e que non estaban mal.

Despois das sensacións descritas ao principio cando saímos do metro, nese momento do Zapata eu estaba moi ben. Os concertos, o ambiente, as cervexas, a casa okupa, a xente, a historia do lugar...todo iso facíame sentir ben...De vez en cando llo comentaba ao Planeta e él contestábame que moi ben, pero que agora todo iso era un negocio dos que se aproveitaban uns cuantos. Eu non vía así e mantivemos unha discusión algo durilla co tema. Sempre é interesante que sitios así existan, pois fomentan o movemento cultural alternativo sexa cal sexa... Foi o único desencontro en toda a viaxe...

Marchamos do Zapata sobre as dúas da mañán e como non había metro fomos andando ata o hostal. Ese día andivemos o que non está nos escritos..ás veces teño pesadelas nas que me parece que ainda estou andando hacia o hostal...

martes, febrero 06, 2007

CUARTO DIA EN BERLIN

Despois da noite do venres, da que chegamos algo perxudicados ao hostal, o sábado levantámonos algo tarde. Durmir hai que durmir. Cando fomos espabilando, empezamos a mirar posibles zonas para ir a movela esa noite. E nos decidimos por Kreuzberg, un barrio relativamente preto de Schöneberg. É un dos sitios máis famosos pola súa vida nocturna, e ó mesmo tempo máis perigosos, ainda que nós non vimos nada de perigo.
Fomos cear algo ó chegar e coma sempre bastante barato. Despois, coma cada día , nos puxemos a explorar as rúas buscando onde estivera a movida. E atopamos unha rúa onde había uns cuantos pubs....primeiro tomamos unhas cervexas nunha especie de taberna-cervexería-pub , típico sitio onde tomar as primeiras. Alí tamén lla aplicamos. E logo fomos a un pub chamado Franken, o cal tiña como logotipo un bulldog punki agarrado a unha xerra de cervexa...punki punki...tanto a decoración como a clientela que alí paraba tiñan unha estética que daba gusto estar alí...escoitando boa música e tomando cervexas a dous euriños...Despois de beber unhas cuantas seguimos a ruta e fomos entrando nos que atopábamos. Casi todos son moi orixináis e con boa música. Hai que dar outra voltiña por alí outro día, agora que xa coñecemos algo, xa que me parece que ten que haber unha movida nocturna moi interesante. Foi pasando a noite e, xa preto das seis da mañán , fomos indo para a estación do metro para ir durmir.
No metro e a esas horas da mañán, case que todo o mundo que viaxábamos tiñamos a vista torcida das cervexas e tal e tal....Nunha das paradas que fixo, entrou no noso vagón un tío que parecía saído dalgunha película de vikingos ou algo así...a pinta é indescriptible, pero traía consigo un corno campal que lle facía de vaso para beber a cervexa...Tamén levaba unha maza nas costas que a sacou e puxo diante del como si viñera da batalla..Nos flipábamos...incluso chegamos a pensar que nos meteran algo raro nas cervexas..Así fomos chegando á nosa parada e nun pouco xa estábamos no hostal durmindo.
Deste día tampouco hai fotos. E tamén millor que non as haxa...

IRMÁN EUROPA



Richard Butler e os Psychedelic Furs cantándolle á vella Europa...

sábado, febrero 03, 2007

TERCEIRO DIA EN BERLIN ( pola noite )

Descansamos e durmimos un pouco, que nos facía boa falla e, despois dunha ducha que tampouco veu nada mal, saímos do hostal.Pensamos que sería boa idea coñecer a noite do noso barrio,Schöneberg, xa que tiñamos entendido que había tabernas e pubs moi interesantes. Así que para esa zona nos diriximos,sempre co mal tempo de acompañante. Ceamos algo por alí, aínda que non lembro o qué. O que sí lembro
e que salchichas non foron. Despois atopamos un pub que se chama Nachbar e entramos. Serían as oito e media ou nove. Había ambientillo . Todo o mundo estaba bebendo cócteles pero nos íamos ao noso rollito e pedimos uns garimbóns ricos ricos. E que a cervexa alí está moi boa. A nosa Estrella Galicia gústame moito, pero as cousas son como son e a cervexa alemana ten unha duda de carallo. Alí botamos un bo anaco, xa que aquelo foise animando máis e aparte estábase quentiño. Estaba picando discos un rapaz de color e a verdade que moi ben. Picaba con vinilos e a música era oitenteira. Ademáis facía unhas mezclas que non estaban nada mal. O Planeta estivo a punto de facerlle unha oferta para traelo a pinchar ao Cosmic Pop Club como dj residente. Nese momento eu recordeille que , non é por nada, pero que téndome a min non sei para que quería outro picadiscos. Daquela desistiu .Neso chamoume Lupe dende Carballo un pouco alarmada pregúntandome si estábamos ben, xa que acababa de ver as novas no telexornal que dicían que Europa e concretamente Berlín estaba sendo azotada por un temporal campal. Foi cando nos demos conta de que efectivamente non era normal tanto mal tempo que tivéramos e ainda tiñamos esos días. Marchamos e fomos buscar unha rúa na que estaban outros dous pubs dos que oíramos falar. Axiña os atopamos e primeiro fomos a un que se chama Mister Hu, un pub pequeno que estaba tamén bastante ben. Alí tomamos unhas copas. Por certo, os precios tanto das cervexas como das copas son sorprendentemente baratos. O mesmo que comer ou tomar uns cafés. Berlín é unha cidade máis asequible nese sentido do que eu pensaba. Despois de tomar un par delas fomos ata o Café M. Deste bar cóntase que si non podes aguantar o volume tan alto da música rock que podes saír para a terraza e tomar alí as copas. Nin música rock nin volumen alto. Había un bo rollito, pero nada máis. Alí foi onde o Planeta se soltou por fin cos idiomas e, aproveitando que fun ao servicio tratou co camarero a conta. O meu colega non lle entendía nin papa, pero o camarero a él suponse que sí cando escoito que lle dicía o Planeta: " Güí güí, a tutiplé ". Sorprendentemente o paisano cobrounos todo e ata pensamos que nos invitou a unha volta. Foi este camarero, moi simpático él,quen nos mandou ao Habana despois de preguntarlle por algún outro pub de música rocanrolera. Cando chegamos alí nos atopamos cunha discoteca de dous pisos onde , como xa o nome indica, era de música hispana ou latina, para xente hispana ou latina.Estivemos dentro un pouco tomando unha copa, pero como non era o noso rollito nos piramos para o hostal. Non vou contar como foi o camiño de volta andando polas calles de Berlín ás cinco da mañán porque iso queda para nós. E que non se pode contar. Tampouco hai fotos desta noite. Que nos saibamos. E, dende logo, millor que non as haxa.

NON TE DERRUMBES



¡ Non te derrumbes ! ¡ Non te derrumbes !
Soio nunha habitación na que xa estiven antes
siluetas no corredor, estou correndo cara á porta
estou fora no precipicio, pero aínda non fun derrotado
escoito o meu nome por encima de todo
¡ Mark ! ¡ Mark ! Por encima de todo
¡ Non te derrumbes !

Nesta alucinación nada é familiar
nada parece ter lóxica
vexo caras onde non debería haber caras
ninguén sabe certo o que traerá o mañán
así que non caigas meu amigo
este pesadelo non ten fin.

Escondéndose nunha habitación que se está tiñendo de vermello
o lugar existe soio na túa cabeza
e a orixe dos teus medos nos pliegues dun vestido
un vestido de muller ¿ Cómo cheguei a afogarme neste desorden ?
Este puto desorden.

Non te derrumbes nesta alucinación
nada é familiar, nada parece ter lóxica
vexo caras onde non debería haber caras
ninguén sabe certo o que traerá o mañán.
Non te derrumbes
sei que estás contra a parede
pero este ruidoso silencio non nos devorará por completo
nesta alucinación nada é familiar.
Algo alterou a lóxica das cousas.

jueves, febrero 01, 2007