Quixese ter ás para poder voar
quixese ser anfibio para vivir no mar
quixese ver as cousas que ninguén ve
quixese que me quixeses para poderte ter.
Quixese coas miñas mans o sol acariciar
quixese cos meus pes sobre o mar poder andar
quixese coas miñas pernas a lúa percorrer
quixese que me quixeses para poderte ver.
Quixese poder as guerras parar
quixese poder as inxusticias cambiar
quixese poder aos nenos do mundo dar de comer
quixese que me quixeses para deixar de morrer.
sábado, marzo 31, 2007
sábado, marzo 24, 2007
UN BON DÍA
Desperteime casi ás dez e quedeime na cama máis de tres cuartos de hora, e pagou a pena..entrou o sol pola fiestra e brilaron no aire algunhas motas de polvo e saín a fiestra e facía unha estupenda mañán.
Baixei ao bar para almorzar e leín no Marca que se mancou o niñato....non me lembrei de ti ata pasado un bon anaco...
Logo viñeron estos por aquí e baixamos a tomar unhas cañas e me reín con eles.
Estiven durmindo ata as seis e despois leín uns tebeos de Spiderman, que casi non lembraba e saín da cama, puxen a tele e había un partido e Mendieta marcou un gol realmente increible e púxenme triste no momento xusto antes de irme.
Quedei de novo ás dez e baixei na moto ata os bares de sempre,onde quedaba contigo e non facía nada de frío.
Estiven con Erik ata as seis e nos metemos catro millóns de raias e non volvín pensar en ti ata que cheguei a casa e xa non puiden durmir coma sempre me pasa.
martes, marzo 20, 2007
AS PALABRAS DO DEUS MAR
Hoxe despois de comer iba descansar un pouco pola tarde...ver unha película ou algo parecido, pero nese momento sentín que algo me chamaba...de repente na miña cabeza apareciu a praia de Razo e sentín a necesidade repentina de que tiña que ir ata alí.
Cando cheguei notei que O Mar estaba moi cabreado...estaba tan enfadado que botaba espuma pola boca...
Púxenme diante del. O Vento soplaba con moita forza. Miroume aos ollos e comenzou a falarme. Díxome que todos os deuses da Natureza tiveran unha reunión e que o elexiran a Él para transmitir o falado.
-Hoxe reunímonos o Deus Vento, a Deusa Chuvia, o Deus dos Glaciares, o Deus dos Bosques e dos Ríos, a Deusa da Capa de Ozono, o Deus do Sol, a Deusa da Lúa e outros Deuses da Natureza máis Eu. E estamos fartos. Fartos de vos.
A pesar do vento que facía eu estaba inmóvil. Non quería enfadalo máis do que xa estaba. Eu soio escoitaba.
-Despois de analizar a situación de como estamos cada un, chegamos a conclusión de que nos queda moi pouquiño tempo de aguante. De momento estamos avisando de un en un...que si un dia a Deusa Chuvia inúndavos, que si outro o Deus Vento arráncavos o que encontra ao seu paso, que de repente o Deus dos Glaciares se lle derrite unha perna, que si o Deus do Sol quenta de máis... eu calquera día non paro nos acantilados e pápovos a todos...¡¡ A ver si deste xeito vos enterades dunha vez !!
-¿Pero non vedes que estades acabando coa batería do Planeta? Co ben que podíades vivir aquí e resulta que o estades destrozando todo..PARECE MENTIRA...
A nosa decisión foi a seguinte:
Si non vemos un cambio na vosa actitude contra Nos, daquela acabouse o de avisar de un en un e vamos avisar todos xuntos. Pero sin previo aviso. Despois non digades que non avisamos...
Empezouse a retirar mentras eu seguía mirando para ÉL mentras pensaba: " Non te preocupes Deus Mar. Eu farei o que esté na miña man para cambiar esto. E vou empezar por dicirlle ao mundo o que ti me dixeches."
E dito queda...
lunes, marzo 19, 2007
domingo, marzo 18, 2007
NOITE DE CONCERTO NA RESERVA
Onte poidemos disfrutar dun concertazo no PUB A RESERVA dun grupazo da Coruña. Si chegan a ser británicos ou canadienses, que agora están moito de moda, estarían nas portadas das millores revistas de música. Chámanse MEU. Dende logo,para min, do millor da música indie do momento.
Despois da saída amistosa do batería Ramón Saleta ( ex Elephant Band ), un rapaz collíu as baquetas con soio 20 anos que por certo cumpría onte. Soio leva tres semanas co grupo e parecía que levaba toda a vida.
Ademáis de facer un repaso ao disco que teñen editado ( What`s up ) tocaron temas novos que fan que estemos desexando que saquen pronto un segundo traballo.
Momento de locura de Nacho Mora...un fenómeno...
Aparte dos temazos propios se permiten o luxo de versionar cancións míticas de grupos míticos como Psycho Killer dos Talking Heads. Apoteósico final con esta versión.
sábado, marzo 17, 2007
CAMELLE...COSTA DA MORTE
jueves, marzo 15, 2007
A PEGADA DE MAN
Hai uns días estiven en Camelle e fun ver o que nos deixou Man. Xa pasara tempo dende a última vez que me achegara ata alí. O que fora a súa casa está caendo pouco a pouco. A xente segue visitando ese lugar que Man foi transformando dende que chegara a nosa Galiza. As formas circulares aprecianse mires para onde mires. O que non se aprecia pero nada de nada son os cento vinte mil euriños que Man deixou para que cuidaran do que con tanto traballo foi construindo e que tanta xente levou a Camelle. E segue levando.
O seu espíritu por alí anda. Nunca esquecerei a mirada chea de paz que un día cruzou conmigo.
Espero que non deixen que esto desaparezca.
Espero que non teñan tanta cara.
Espero que teñan respeto por Man.
domingo, marzo 11, 2007
NOITE DE CONCERTO NO SILFO
jueves, marzo 08, 2007
BAILANDO NO MEU PETO
Escollo unha eternidade de esto
como anxos caendo
o mundo desaparece
ríndose no lume.
¿ É sempre así ?
Carne e sangue e o primeiro bico
as primeiras cores
o primeiro bico.
Retorcémonos baixo unha luz vermella
sorriso vudú
xemelos siameses
unha rapaza na ventana mírame durante unha hora
logo todo desármase
roto no meu interior
desármase.
As paredes e o teito móvense no tempo
empuxa unha culleriña dentro das miñas mans
lentamente subindo as escaleiras
e dentro da habitación.
¿ É sempre así ?
Bailando no meu peto
gusanos comen a miña pel
ela brila e crece
cos brazos extendidos
as súas pernas en torno a min...
Pola mañán chorei
Déixame morrer
non lembrarás a miña voz
marchei e envellecín
ti nunca falas
nos nunca sorrimos
berro, non eres nada
xa non te preciso
non eres nada.
Marchítase e xira...
marchita e xira...
berro con forza
¡ Todos morremos !
Ríndonos dentro do lume...
¿ É sempre así ?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)