domingo, noviembre 11, 2007
martes, octubre 30, 2007
CANCIÓN DE CUNA
Esta noite pasada cheguei á casa sobre as seis e media da mañán. Pensaredes que fun de carallada e tal. Pois non. O que pasa é que tou de quenda de noite no traballo e entón sobre esa hora chego. Feito polvo e ata as pelotas. Pero esa é outra historia.
O que pasou esta noite foi que, ao meterme na cama, non sei como miro para a cortina da ventana, a cal da para o patio de luces, e vexo alí un tremendo monstruo de oito patas que me deixou paralizado. Quedei mirando fixamente porque ao principio pensei que era algún tipo de alucinación pasaxeira, pero a imaxen non desaparecía así que dinme conta que era real. Cando fun quen de reaccionar, saín da cama e púxenme frente a ela para vela ben. Era unha araña gorda, pero gorda gorda....cunhas patas que parecían as dun futbolista da liga da costa. Atopábase entre a cortina e a ventana, á altura dos meus ollos, e cando me quedei mirando para ela doume a sensación que me estaba mirando tamén. Incluso moviu unha pernaza como si me saudara. Houbo un momento que se me pasou pola cabeza que xa a mataría cando despertara pola mañán. Pero soio de pensar en apagar a luz, o primeiro que se me pasou pola cabeza foi que o Monstruo de Oito Patas acabaría atrapándome coa súa telaraña para despois comerme. Foi cando, presa do pánico pero reunindo todo o valor que puiden, collín unha revista que tiña alí e, acercándome lentamente para que non dera á fuga, aplasteina contra a ventana. Despois de asegurarme ben que estaba morta a collín do chan e tireina polo water.
Hoxe cando despertei volvín a mirar para a cortina para ver si estaba alí a súa pantasma pero todo estaba normal. Ou eso parecía. Porque nunca sabes o que pode haber detrás dunha cortina. Nunca sabes..........Sempre pode estar o Monstruo de Oito Patas agochado ....esperando...observando....frotando as patas ...relaméndose...Nunca sabes.......Por eso mira sempre detrás da cortina...Por si acaso....
MESMO SOL PARA TODOS
domingo, septiembre 30, 2007
sábado, septiembre 29, 2007
viernes, agosto 31, 2007
DE COLOR DE VERDE
Quero recordar mais non son capaz
o fin de semana rematou
sei o que pasou contoume un rapaz,
porque te perdes
a rapaza dos ollos verdes.
Parece que amanece mais non pode ser
o sol aparece onde o mar decrece
miro para o ceo, ke podo perder
sinto a mirada na minha espalda
da rapaza dos ollos esmeralda.
Mirada bonita que fas brilar cando sonríes
soriso bonito que fas brilar cando miras.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
martes, agosto 28, 2007
O CARTEIRO
Si non te levas ben coas cometas
lembra cando che creceron as tetas
porque ese día das princesas son
dime que sigues recuberta de roquefort
e se necesito amor
encenderei o radiador
porque non quero estar contigo
si é encerrado no baúl
porque a comida é fría
e apenas entra luz
porque cheiran as paredes a recién pintado aínda.
O carteiro non tiña a culpa
o carteiro non tiña a culpa
fun eu que ao quererte non se atrevíu
fun eu que ao quererte non se atrevíu.
A túa dentadura escapouseme
quen me conta agora historias de terror
quen se lembra dos imáns do conxelador
sigue a muller serpente por favor.
Un oso panda no salón estase comendo o pantalón
non teño nada que porme para a ocasión
un home rata no salón estase secando co meu albornoz
dime que me queres aínda que todo rematou
O carteiro non tiña a culpa
o carteiro non tiña a culpa
fun eu que ao quererte non se atrevíu
fun eu que ao quererte non se atrevíu.
E estou de puta madre
xa te chamarei máis tarde
e agora estou de puta madre
estou de puta madre.....
viernes, agosto 10, 2007
AS PERSEIDAS MÁIS EU
Esta fin de semana vanse dar dous acontecementos que ao longo do ano son únicos e que coinciden xustamente na noite do sabado 11 para o domingo 12.
Un deles e a choiva de meteoritos, coñecida como as Perseidas ( non é unha choiva de estrelas ), que se pode chegar a ver durante un período de máis ou menos tres semanas na que a data central é o 12 de Agosto. Si a noite está libre de nubes e si estamos nalgún sitio libre das luces das cidades que non deixan ver o ceo, podremos contemplar algo realmente fermoso. Ademáis, cadra que nesta ocasión hai lúa nova co cal aínda se podrá apreciar máis xa que logo non alumbrará como cando está chea, e así non lle quita protagonismo aos meteoritos.
O outro acontecemento, que como dixen coinciden no tempo, e penso que tamén no espacio, é o meu cumpreanos. O día que eu vin para este Planeta Terra, xa hai moitos anos, viaxaba nun meteorito como os que imos ver esa noite, e cando pasaba por riba do Planeta mirei para abaixo e o que vin pareceume tan espectacular que decidín quedarme unha tempada. Vin os mares, as montañas, os campos cheos de frores, os animais ( aos humanos tamén ), e vinte a ti....pero aínda non te encontrei....e ata que nos encontremos non penso montar en outro meteorito e nese momento levareite comigo para seguir viaxando polo universo sempre xuntos...
Pero teño unha dúbida.....As Perseidas viñeron adrede para traerme a min para aquí ou fun eu quen esperou por elas ata xusto esta noite tan especial na que escomencei a buscarte ?
A praia de Razo é o sitio perfecto para deitarse mirando para o ceo e disfrutar do grande que é o universo e o pequenos que nos somos ( a pesar do que pensa algún ).
Eso sí, si alguén prefire verme a min ( hai xente moi rara por ahí ),estarei buscando por ahí a ver si encontro o que vin a buscar..........................
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
jueves, agosto 09, 2007
CHOVENDO NO PARAISO
Welcome to paradise
Today it's raining (Welcome to paradise)
Today It's raining (Welcome to paradise)
In Zaire, Was no good place to be
Free world go crazy, it's an atrocity
In Congo, Still no good place to be
They killed Mibali, it's a calamity
Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp
In Monrovia, this no good place to be
Weapon go crazy, it's an atrocity
In Palestina, too much hypocricy
This world go crazy, it's no fatality
Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp
Today it’s raining , in paradise
Today it’s raining
In Baghdad, it's no democracy
That’s just because, it's a US Country
In Fallujah, too much calamity
This world go crazy, it's no fatality
Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp
Today it's raining
In Jerusalem, in Monrovia, Guinea-Bissau, today it's raining
Welcome to paradise, Come to the fairy lies
Welcome to paradise
Today it's raining
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
lunes, agosto 06, 2007
NOITE MÁXICA CON MANU CHAO
Outra data inolvidable que tiven a sorte de vivir e outra vez con Manu Chao. Este sábado día 4 de Agosto será enesquecible para min.
Marchei para Vigo pola tarde con Antón e con Marcos para ir ao concerto de Manu despois de estar tres anos sen poder velo. Fomos no coche de Marcos e noutro coche
ían Rafa, Fran e Silvia que saían da Coruña e quedamos en vernos en Padrón para tomar algo e dende alí xa ir xuntos ata Vigo. Facía moita calor. Tomamos unhas ceveziñas e mercamos nun supermercado uns bocatas e viño máis cocacola para tomar uns calimochos cando chegáramos e aparcáramos. Cando conseguimos atopar sitio para deixar o coche, Silvia viu a María de Malpica ( María da Roda ) e estiveron falando un momentiño e despois xa nos puxemos en contacto para quedar cando acabáramos de comer e beber. O concerto era na explanada do peirao do porto trasatlántico.Antes de entrar estivemos apurando a garrafa do calimocho fresquiño nas gradas que hai xusto á entrada e dende alí escoitamos a Galegoz, grupo que abriu a noite de festa.Logo xa fomos para dentro e vimos a Le Punk , grupo madrileño que nunca vira e que me gustaron moito.
Pero eu soio tiña en mente ver a Manu. Notábame excitado e feliz. Cerca do final de Le Punk Antón máis eu aproivetamos para ir buscar de beber e voltar para o sitio que tiñamos que estaba moi ben para poder velo ben e poder bailar sen agobios. Cando chegamos xunta os outros empezouse a escoitar a voz do subcomandante Marcos coa lectura do MANIFESTO ZAPATISTA ( momento emocionante ) dando comenzo ao concerto de Manu Chao e Radio Bemba. Cando saltou ao escenario e empezou a cantar un torrente de emocións e sentimentos percorréronme por dentro e por fora de min. Durante máis ou menos tres horas que durou o concerto, non paramos de bailar. Regalounos un concerto que nunca olvidarei.
Nin olvidarei cando, nun momento dado , dixo:
" Para Malpica, para Carballo....Radio Bemba aquí presente .....
Cousas de María a quen Manu Chao quere moito....e eu tamén...
Xa dixen que durou tres horas pero por min podía durar toda a noite.
Para rematar o concerto saltaron as Gharotas de Ribeira a cantar un par de cancións mentres Manu tocaba a percusión e ao final a Señora Josefa de Bastabales, amiga de Manu que con 75 anos fixo as delicias do público cantando outras cancións.
Cando rematou chamoume María para quedar con ela ( María viu o concerto dende o propio escenario ) e para pasarnos á zona vip , detrás do escenario, onde estaban Manu e os amigos de Manu. Entre eles nós. Igual que en Lalín, que tamén gracias a María poidemos estar compartindo uns momentos con Manu. Unha vez dentro tomamos unhas cerveciñas. María presentoume a Sofía das Gharotas e a Toñito de Poi,e alí estivemos un pouco falando. Manu estaba cun amigo que estaba tocando un bombo facendo algo de festa. Eu estaba mirando para Manu cando a súa mirada coincidiu coa miña e sentín algo especial. Porque ten unha mirada especial. Ao pouquiño deixou ao amigo e veu dereito hacia min e mirando para min e sonreindo. Doume a man e unha aperta. Non mo podía crer. Saudeino e pregunteille que tal estaba e a súa resposta foi:
- Feliz, feliz.
E eu lle dixen :
- Eu tamén Manu, porque me regalaches esta noite que nunca esquecerei.
Despois seguiu falando con máis xente mentres nos bebemos unha botella de viño e cando íamos marchar estivemos outro pouco con él quitando unhas fotos e botando unhas risas. María, que ía durmir ao mesmo hotel que Manu, íase retirar que estaba cansadiña e nos fomos con ela para acompañala. Antes de marchar Manu despediunos con unha sonrisa e unha aperta chea de bo rollo e enerxía positiva.
Acompañamos a María, que foi durmir e nos seguimos á festa por Churruca e xa pola mañán pola Pedra. E viñemos para Carballo pola tarde cheos de ledicia e felicidade.
Eu persoalmente, vin cansandísimo, pero pleno de ledicia. Espero que non pase moito tempo ata que o volva a ver, pero pase o tempo que pase que o volva a ver.
Manu Chao é un artista da música. Manu Chao é un artista como persoa.
Estou moi agradecido por vivir esta noite máxica con Manu Chao. E compartila con María, Marcos ( celebrou o seu cumpleanos felicitado por Manu ), Antón, Rafa, Fran e Silvia.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
viernes, agosto 03, 2007
O NÚMERO CATRO
Este é o meu carnet de identidade mañán en Vigo. A tarxeta que me vai permitir facer a inversión en enerxía positiva, en recargar as miñas baixas defensas de positivismo que me quedan. Vai ser o papel que me saque da clandestinidade ainda que sexa por unhas horas. O meu salvoconducto para moverme con total liberdade polo particular planeta de Manu Chao e Radio Bemba.
E este rapás que tanto lle da a risa chámase Marcos, máis coñecido nos círculos do bailoteo por " Koko ". Él é o que fai posible que eu poida achegarme ata Vigo para ver a Manu, xa que logo vou con él no seu súper Billabong negro. Podo considerarme afortunado porque conseguín que me adxudicara o número catro nese coche. Tamén me dixo que como non me portara ben na última semana que ía perder ese privilexio. Espero que me portara ben. Marcos é un mito das pistas de baile da Galiza e de parte de Espanha. Foi quen introduciu e puxo de moda o "doble mortal con tirabuzón carpado" en pistas de pubs e discotecas onde o risco é moito maior que ao aire libre. Por iso ten tanto mérito. Ainda que a fama non se lle subíu a cabeza, porque segue sendo ese Marcos sinxelo e cariñoso que sempre foi.Quero aproveitar a oportunidade que me brinda este blog para decirlle a Marquinhos que estou ben orgulloso de ser o seu amigho e de poder compartir esta finde semana que vou pasar con él. Seguramente teñamos os nosos rifirafes, mais iso non vai ser problema para que esta finde sexa inolvidábel.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
jueves, agosto 02, 2007
BÓTALLE A CULPA Á SORTE
Eu converso moito conmigo mesmo
e lle dou a espalda á minha fé
é como o cristal
cando nós rompemos
gustaríame que ninguén estivera no meu lugar.
I eu vin que ti non precisas das súas escenas
cando o corte é profundo
eu estou perdido no sono.
Eu non podo quedar neste lugar
eu non podo soportar cando a habitación xira
sobre o meu destiño ti non das garantías
non hai promesa que eu poida cumprir.
Eu non aguanto
non consigo ver o meu camiño
eu síntome cego sobre meus pés
non aguanto moito tempo
estou errado ?.
Adeus, bótalle a culpa á sorte
Estou tan canso do meu temperamento
e o sono chega con un coitelo, un tenedor e unha cuchara
ti estás tan pálido no teu rostro
deixas a vida entrar no teu camiño.
I eu vin que ti non precisas das súas escenas
cando o corte é profundo
eu estou perdido no sono
estou errado ?
Adeus, bótalle a culpa á sorte.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
miércoles, agosto 01, 2007
CHURRASCADA EN VILESGÜÉS
Dende logo, que ben se está na finca do meu primo Pablo "Suepes". Sempre que vou alí síntome ben, alonxado do mundo, do ruido e da locura que últimamente se move ao carón dos humanos. Alí respirase PAZ. E non me extraña, porque, ainda que Suepes non ten parada, transmite PAZ.
Lémbrome da primeira vez que fun á súa finca. Non era máis que unha leira con árbores e silveiras. Pero pouco a pouco pero traballando sen parar conseguíu facer un pequeno paraíso dos que estamos escasos os humildes currantes coma nos. Co séu chabolo guapo, co seu camiño de pedra, coas pequenas pero fermosas macetas naturais onde as cores das frores e prantas estanche asubiando seguido coa intención de que mires para elas e coa xoia de Vilesgüés. A piscina. A mítica e famosa piscina que merece capítulo aparte.
Case todo o fixo él coa axuda do seu pai.Pero a piscina fíxoa él soio ( todo orgulloso podo decir que eu tiven a honra de botarlle unha man. E nunca millor dito " unha man " ). Certo día de calor chegou de dar unha volta na bici sudando e pensando que si tivera unha piscina alí o chapuzón campal que se ía dar. Mirou para o chan, marcou co pe esquivando algunha árbore e cando rematou díxolle á nai:
- Mamá, aquí vou facer unha piscina.
Á nai doulle á risa e sabendo como é o seu fillo ( ¿ sabendo ? ) díxolle:
- Fai o que queiras, meu fillo.
E fíxoa. E vaia se a fixo.
Colliu unha pala e empezou a facer o burato. E veña sacar terra. Eu algunha vez que iba por alí e me sentaba na hamaca marchaba cansado como si me deran unha paliza de ver como paleaba terra este rapás.Despois de ter o burato xa feito foille dando a forma e recubriona co bloque e logo coa fibra e todos os detalles, incluida unha pequena cascada .Todo esto poñéndolle un borde de pedra e tal. Por certo, aparte de valer para bañarse tamén valiu no seu momento para acondicionala como pub coa cabina para pinchar e a súa pista de baile correspondente. Foi nunha soada " fiexta fiex" alí celebrada.
E despois veu a lareira para a parrilla, e a mesa e os bancos decorados con pequenas pedras de cores facendo dibuxos de golfiños....e eu que sei que máis cousas...
E por riba fai unhas churrascadas ricas ricas ricas....motivo onte da reunión de uns cuantos colegas ( éramos todos os que estábamos pero non estábamos todos os que somos ) que disfrutamos uns dos outros, da finca , do meu primo e dos cans e dos gatos do meu primo.E por suposto, do churrasco, dos chorizos, das garimbas e do calimocho.
Ainda que marchei cedo porque tiña que madrugar ( debería estar prohibido madrugar. Por ley ) paseino moi ben como é normal co meu primo na churrascada de VILESGÜÉS.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
lunes, julio 30, 2007
LOS JUSTICIEROS
O rock da Costa da Morte está de noraboa. Los Justicieros, de Buño e Malpica, andan pola zona de Bergantiños demostrando que son catro músicos moi bos e que xuntos fan unha banda moi compacta e potente con calidade e que promete moitas alegrías aos que os seguimos de preto. Antonte deron un concertazo no pub A Reserva de Carballo, co local practicamente cheo e con todo o mundo saltando e coreando algúns temas que xa parecen clásicos.Cancións como "Bambino" ou " A John Wayne lo mató una ametralladora" entre outras fan que a próxima grabación da súa primeira maqueta sexa o preludio dun primeiro disco que pode dar moito que falar no panorama nacional. David " Inferniño " ( voz, guitarra, teclado e líder indiscutible do grupo ),Santino ( baixo ), Corleone ( guitarra ) e Torgas Pirracas ( batería ) forman este grupazo.
Hai calidade, hai gañas, hai ilusión, hai talento e hai catro artistazos que ainda por riba son uns tíos de puta madre....polo tanto hai grupazo.
David " Inferniño "
" Inferniño " dándo-o todo.
Agora soio falta un pouquiño de sorte para ter a oportunidade de ir para arriba porque do resto sobra. Dende aquí desexo o millor para este grupo porque sei a ilusión que hai detrás.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
sábado, julio 28, 2007
MANU CHAO
O próximo sábado 4 de Agosto Manu Chao estará en Vigo. E si non hai novidades eu tamén estarei en Vigo. Xa merquei a entrada e estou cheo de ledicia poder voltar a Vigo para ver a este galego nacido en París, pero enamorado da Galiza e máis concretamente da Costa da Morte e ainda máis concretamente de Malpica.
Tiven a sorte de poder estar en tres dos seus concertos con Radio Bemba, en Lalín,en Vilagarcía e en Vigo.
Normalmente os concertos de Manu Chao duran entre tres e catro horas...polo menos aos que fun eu.
Lémbrome do primeiro ao que fun. Bueno , lémbrome dos tres pero o de Lalín foi especial e non soio porque era a primeira vez que o vía, senón porque tiven a gran sorte de poder estar con él un anaco despois de rematar o concerto. Eu fora con amigos de Carballo e tamén de Malpica. María, a da Roda de Malpica, tamén estaba e gracias a ela que xa o coñecía e coñecía tamén á manager conseguíu pasar ao backstage e con ela nos. Cando chegamos algúns dos da banda estaban comendo e bebendo viño e Manu cando nos viu chegar saiu con unha botella de viño en cada man e ofreciunolas como si foramos amigos de toda a vida. Aparte de recibirnos co viño, regalounos tamén un soriso e unhas apertas a cada un de nos. A min persoalmente impresionoume, sobre todo polo sinxelo que é este home. Estivemos un anaco falando con él das cousas da vida e do mundo e compartindo esas botellas de viño. Eu ainda tiven tempo tamén de falar co batería e regaloume unha baqueta que despois me firmaron varios de Radio Bemba e por suposto Manu. E algo que gardo con especial cariño.
Despois de estar alí un bon anaco nos tiñamos que marchar para Carballo, e foi unha pena xa que íamos ir con Manu de marchilla por Lalín. Acostuma a facelo. Onde da un concerto, e se non ten que marchar para outra cidade , comparte a noite coa xente que antes comparteu o concerto con él. A ver que outros artistas fan algo así. Outros que parece que viven nunha burbulla e que nin se acercan a quenes realmente os admiran.
Pero Manu é ao revés. Manu quere estar coa xente sinxela. Que son coma él e que senten o mesmo ca él.
Pouco despois do Prestige ( lembremos "unos hilillos de plastilina" )Manu Chao veu a Malpica a tocar él soio ao mítico Pub A Roda. Foi un día tamén moi fermoso.Despois de rematar o concertillo púxose a pinchar un pouco e estiven outro pouco falando con él.Outro soriso e outra aperta que inxecta enerxía positiva para unha boa tempada.
O sábado, despois de tres anos volvo a velo. De feito, necesito velo.E ainda que non poida falar con él ese día , doume por satisfeito de poder disfrutar e emocionarme por unhas horas de un mundo de colores e sonidos e baile e amor e festa e emocións e reivindicacións e participar dunha manifestación do bo rollo que con moi poucos artistas deste nivel se consegue.
Manu Chao, orgulloso de ser galego pero orgullosos de ser cidadán do mundo. E eu moi orgulloso de ter a oportunidade de coñecerte.
Como dixeches no seu día:
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
miércoles, julio 25, 2007
DIA DA PATRIA GALEGA
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
II FESTIVAL SEREAS E PIRATAS
Este sábado pasado celebrouse a segunda edición do Festival Sereas e Piratas organizado pola A.C. Rebeldía. O clima acompañou durante toda a tarde na praia de Razo, lugar do festival, e incluso nos regalou un atardecer que auguraba unha boa noite de música en directo. E así foi, porque ainda que o frío apretou, non foi suficiente motivo para quitarlle as gañas de festa e as gañas de vivir uns concertos ao carón desta fermosa praia á xente. Que por certo, sabemos que non tivemos tanta como no Summercase,por exemplo, pero a que tivemos foi a millor.
Franc3s, grupo de Carballo formado por Aberto, María e Patuki foron os encargados de abrir a noite con ese pop-punk tan persoal. Seguro que non van tardar en facerse un nome no panorama nacional. A min persoalmente gustáronme.
Los Justicieros, grupo de Buño e Malpica, liderado por David Inferniño, encargouse de poñerlle as pilas ao cada vez máis público que se achegaba ao escenario. Este grupo, con un directo potente e con un David entregado, deixou claras as súas intencións do que queren nesta historia da música. Outro grupo da zona de Bergantiños que tamén darán que falar por ahí adiante. E senón ao tempo.
The Passadenas, grupo de Pontevedra, punk-rock con un certo estilo Ramones,tamén deixou moi boas sensacións entre o público, que non paraba de bailar.
Delorean, como cabeza de cartel, non defraudaron. Estos rapaces de Zarautz, xa consolidados na escena indie estatal, deron un concertazo facendo que a xente bailara e se divertira con ese rock electrónico e con ese estilo tan persoal que teñen sobre o escenario. A semana anterior estiveran no Summercase, e están en case que todos os festivais importantes de España ( incluido o noso , claro ).
Foi un gran día. Todo transcurriu con normalidade. Houbo bastante xente, toda con ganas de pasalo ben e dende a organización constanos que así foi. Música, praia, sereas e piratas´. Todo mesturado, pócima perfecta.
Dende aquí queremos agradecer a todos a vosa asistencia e esperamos que fora unha gran noite para todos, igual que foi para nos.
Eso sí, esperamos que o ano que ben reservedes esta data para voltar a encontrarnos en Razo e que cada vez sexamos máis SEREAS E PIRATAS.
Tremendo amanecer do domingo.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
jueves, julio 19, 2007
CARTA DENDE ANANTAPUR
Onte recibín unha carta dende moi lonxe. Hai moito tempo que non recibo unha carta, a non ser, claro está, dos chupópteros dos bancos ou publicidades varias. Pero de alguén que me escriba realmente a min pois casi non o lembro. Acostumados como estamos agora aos esemeses e aos imeils ( e-mails para os eruditos ) non deixa de ser unha alegría abrir o buzón e ver o típico sobre dunha carta internacional que veu en avión dende o outro lado do mundo.
Trátase de Pavithra, unha nena da India que cumpre sete anos dentro dun mes e que teño apadriñada a través da Fundación Vicente Ferrer. Cóntame que aprobou o primeiro curso e que agora pasa para segundo.E entre outras cousas dame as gracias por axudarlle a ela máis a súa familia, que pertenecen aos dalits, a casta con menos dereitos e que peor o pasan nesa rexión da India.Si de algo vale a miña pequena aportación para esta nena xa me enche de ledicia.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
sábado, junio 30, 2007
FESTIVAL SEREAS E PIRATAS
Por fin....por fin...por fin...a falta de tres semanas para o Festival Sereas e Piratas o axuntamento decidiu apoiar a organización do mesmo case que a última hora deixándonos pouco tempo para facer o que haxa que facer. Mais nunca é tarde si ao final o resultado é o que desexamos todos, que non é máis que celebrar un día da música que nos gusta nun marco incomparable como é a praia de Razo. A Asociación Cultural Rebeldía, organizadora do festival, anunciou tres dos catro grupos que este ano conformarán o cartel ademáis dos djs que rematarán o festival.
Esta será a 2ª edición, e a organización, desexando dar un pequeno salto de calidade con respecto ao ano pasado, aposta por dous grupos locais , concretamente un de Carballo e outro con compoñentes de Buño e Malpica e por outro de Zarautz xa con un recoñecemento a nivel nacional.
Grupos confirmados:
- FRANC3S ( CARBALLO )
- LOS JUSTICIEROS ( BUÑO E MALIPCA )
- DELOREAN ( ZARAUTZ )
A falta dun cuarto grupo por confirmar. Nos próximos dous ou tres días coñecerase a cuarta banda que acompañará aos tres xa citados.
DATA : 21 DE XULLO
LUGAR : PRAIA DE RAZO - CARBALLO ( A CORUÑA )
ENTRADA DE BALDE
Na espera de que chegue a data quedamos con este video de Delorean.
Esta será a 2ª edición, e a organización, desexando dar un pequeno salto de calidade con respecto ao ano pasado, aposta por dous grupos locais , concretamente un de Carballo e outro con compoñentes de Buño e Malpica e por outro de Zarautz xa con un recoñecemento a nivel nacional.
Grupos confirmados:
- FRANC3S ( CARBALLO )
- LOS JUSTICIEROS ( BUÑO E MALIPCA )
- DELOREAN ( ZARAUTZ )
A falta dun cuarto grupo por confirmar. Nos próximos dous ou tres días coñecerase a cuarta banda que acompañará aos tres xa citados.
DATA : 21 DE XULLO
LUGAR : PRAIA DE RAZO - CARBALLO ( A CORUÑA )
ENTRADA DE BALDE
Na espera de que chegue a data quedamos con este video de Delorean.
domingo, junio 24, 2007
BLONDE REDHEAD
Vintatrés segundos
todas as cousas que amamos morrerán
vintatrés maxias
si ti podes cambia a túa vida.
Teu corazón contaminado, teu corazón contaminado
meu amor contaminado, meu amor contaminado
arrepentirse agora
cantas veces
tan longa como a túa vida
cantas veces
o mundo pasará.
Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.
Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.
Vintatrés segundos
en ti eu vexo un cambio
vintatrés maxias
si ti cambias o nome do amor.
Teu corazón loco
meu amor loco
arrepentirse agora
cantas veces
ata que ti desexes
cantas veces
o mundo pasará
cantas veces
ata que ti queiras
cantas veces
o mundo pasará.
Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.
Él era amigo meu
él era un fillo de Deus
él era un fillo da pistola
él era un fillo de Deus.
Vintatrés.
sábado, junio 23, 2007
ARDE GALIZA
Hoxe era o día...o día das cachelas...Hoxe era o día que había que aproveitar para queimar todo o que sobra neste planeta...o que pasa que si o metemos todo non ía parar de arder ata o San Xoán que ben...pero pagaría a pena...
Cada un podría facer unha lista do que queimaría.
Eu non sei que tiraría ao lume ,pero dende logo ao presidente dos iunated esteites e aos seus amigos, incluidos os que teñen bigote, fixo. Serían os primeiros. Máis que nada porque todo iría moito millor no planeta. E toda a xente chunga detrás.
E saltaría por riba para espantar os espíritus malos ( neste caso tería que saltar mogollón de veces porque cos elementos que estarían ardendo pois xa che digo )...
O lume, o descubrimento máis fascinante da humanidade...
Eu me pregunto como serían as festas de San Xoán antes de descubrilo.Menudo aburrimento, supoño. Porque estas festas sen lume non son festas.
Tamén me pregunto si antes de descubrilo a xente andaría queimada como andamos na actualidade. Supoño que non.
En fin, non sei. O que sei e que hoxe vai arder Galiza.
E si teño que arder eu tamén pois que así sexa. Pero que sexa ao teu carón.
martes, junio 05, 2007
O COUREL: PARQUE NATURAL XA
O Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade da Galiza. Polos seus valores naturais e culturais foi declarado Espazo Natural en 1989. Está incluido na Rede Natura 2000. Pero isto non abondou para impedir a inmensa desfeita ambiental e cultural, que se está levando a cabo en toda a comarca, con danos irreparables aos veciños, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora, á fauna,...así que aproveitando que hoxe é o día mundial do Medio Ambiente solicito, uníndome a SOS COUREL , o seguinte:
1) Que se declare PARQUE NATURAL O COUREL de inmediato; incluindo, dentro como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas,...
2) Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fora do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Cañón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura.
3) Que se destine ao Parque Natural do Courel, o orzamento suficiente para a dotación de servicios públicos aos veciños, para a total recuperación ambiental e da paisaxe tradicional; para a recuperación de todos os elementos etnográficos, arquitectónicos e da cultura en xeral; e para o Plan de Desenvolvemento Sostible correspondente.
4) Que se habilitan os instrumentos axeitados para que os veciños se impliquen na xestión Parque Natural e para que sexan beneficiarios da creacióndo emprego relacionado coa xestióne conservación deste Espazo.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
miércoles, mayo 30, 2007
PROHIBIDO O ABURRIMENTO
A verdade é que os zoolóxicos que hai polo mundo adiante son ben raros. Agora os responsables dun que se chama Zoolóxico de Krefeld, cerca da cidade alemana de Colonia, notaron que os seus animais, en concreto os chimpancés, tiñan problemas de saúde. E tamén comportamentos agresivos e de mala ostia....
Pois deberon ter unha reunión ( esta xente sempre ten reunións )e debaterían cales serían os motivos desa mala saúde e agresividade e cales serían os remedios para arreglar tal situación.
Xa sei que estades pensando. Pois non.
Chegaron á conclusión de que estaban así porque se aburrían. Morrían de aburrimento.
Pois nada. Colleron e decidiron contratar unha paiasa para alegrarlles a vida . E os chimpancés, dende que Christina ( así se chama a paiasa ) os fai rir e os divirte coas súas paisadas, milloraron tanto que xa non teñen os arrebatos agresivos,senón todo o contrario. Supoño eu que ata xa empezan eles a contar chistes e todo.
O problema virá cando esta xente dos zoos noten tamén cando os leóns, ou os cocodrilos ou outros animáis morran de aburrimento.
¿ Tamén contratarán os servizos dunha paiasa para curalos ?
E nese caso, ¿ aceptará a paiasa Christina meterse na xaula dos leóns, por exemplo, para facelos rir ?
E supoñendo que acepte, ¿ viralles a risa aos leóns ?
E supoñendo que se rían ¿ reiranse antes o despois de papar a Christina ?
Eu vou estar atento e esperar acontecementos...
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS
martes, mayo 22, 2007
ESE BATE É MEU
A industria do cine ianqui ten o costume de desvirtuar, falsear, terxiversar e facer da historia o que a eles máis lles apetece. Un deses casos e esa escena mítica da película " O resplandor " na que Nicholson , ao que se lle foi totalmente xa a pinza, persegue a súa muller no hotel.
Por fin, gracias a uns carballeses, temos a oportunidade de saber realmente o que pasou e de ter o diálogo exacto entre estas dúas persoaxes.
Este é o video real e non a paranoia holliwoodiense que sempre fan o que lles da a gana.
Por fin, gracias a uns carballeses, temos a oportunidade de saber realmente o que pasou e de ter o diálogo exacto entre estas dúas persoaxes.
Este é o video real e non a paranoia holliwoodiense que sempre fan o que lles da a gana.
lunes, mayo 21, 2007
CANCIÓN DE AMOR
Sempre que estou a soas contigo
fasme sentir que estou na casa de novo
sempre que estou a soas contigo
fasme sentir unha persoa completa de novo.
Sempre que estou a soas contigo
fasme sentir xoven de novo
sempre que estou a soas contigo
fasme sentir divertido de novo.
Por moi lonxe que esté sempre te amarei
por moito que viva sempre te amarei
diga o que diga sempre te amarei
sempre te amarei.
Sempre que estou a soas contigo
fasme sentir libre de novo
sempre que estou a soas contigo
fasme sentir inocente de novo.
Por moi lonxe que esté sempre te amarei
por moito que viva sempre te amarei
diga o que diga sempre te amarei
sempre te amarei.
Robert Smith dedicoulla a súa muller, Mary, da que sempre estivo namorado.
Eu dedicocha a ti.
jueves, mayo 17, 2007
DE QUE COR É O CABALO BRANCO...
Hai un zoolóxico alá pola China que se chama Xardín Zoolóxico Shenyang. E alí teñen moitos animais ( por iso é un zoolóxico ) aparte dos donos ou responsables. Entre tantos animais tamén teñen un cabalo de cor branca. Pero, oh desgracia, non teñen cebra. E como en todo-los lados sempre hai un listillo, na China, que son mogollón, non ían ser menos. E como querían ter unha cebra só se lles ocurre coller un bote de pintura negra e pintar o cabalo cas raias pertinentes. O cabalo , que ata ese momento vivía tranquilamente, en paz e tranquilidade, de repente converteuse na estrela e atracción do zoo. Eu non sei si a xentiña que vai por alí son tan listillos ou son tontos de todo, pero contan as crónicas que para eles é unha cebra. Ata tal punto que flipan tanto que pagan cinco euriños por quitar unha foto coa cebra ( perdón co cabalo ).
E a todo isto, ao cabalo estou seguro que nin lle consultaron si quería ser unha cebra ou quería seguir sendo un equino.
Eu tamén teño unha idea. Ao chino listillo e amarelo que se lle ocorreu tal cousa, eu preguntaríalle si me deixaba pintalo de verde , xa que tampouco hai marcianos no zoo. ( Recordemos que os chinos son amarelos e os marcianos verdes ). Despois de pintalo , encérrabao nunha xaula e aos turistas que quixeran quitar unha foto co marciano ( perdón ,co chino ) cobrarlle dez euriños, cinco para o cabalo e cinco para min. Como é tan listillo igual ata acepta.
E que dende logo. Dende logo...........
Que culpa terá o cabaliño da estupidez humana....!!!!!!!!!
martes, mayo 15, 2007
E VEÑA ROUBAR
Como se nota a proximidade das eleccións. Canto se parecen aos Mundiais de fútbol. Celébranse cada catro anos e todo dios quere sair na foto. Os políticos fan igual que os futbolistas: falan e falan e non din nada. Polo menos nada que teña un mínimo interés. Pero é gracioso ver como perden o cú por conseguir estar ahí. No poder. Ainda ke sexa de concellal no axuntamento maís pequeno entre os pequenos. Claro, penso eu, debe ser que hasta no máis pequeno aínda quedarán cousas por roubar. Fanme gracia cando debaten ou dan mitins deses ( por certo, noS mitins non sei para que poñen esa xente detrás coas bandeiriñas do partido en cuestión axitándoas enfervorecida , ¿estarán ameazadas ou daranlle un bocadillo de chorizo, e nunca millor dito, para porse alí ? .E que senón non me explico, ainda que eso sí...dame a risa )bueno ao que iba...sempre din o mal que o fixeron os outros e o ben que o van facer eles. Hipócritas, mentirosos, falsos, listillos ( pensan que os demáis somos tontos ), soio lles importa meterse nos axuntamentos para o interés persoal. Para medrar eles e a súa familia ( hasta penso que a súa familia tamén lles importa un güevo ), para beneficiar as súas empresas ou dos amigos. Estamos vendo tódo-los días a estes corruptos como se rin de nos. Din que lles costa traballo chegar a fin de mes. Pero mira ke teñen cara. O que me extraña e que non reaccionemos. Témos asumido que ten que haber ladróns e delincuentes nos cárceres e non axuntamentos. Pois temos que cambiar esto. Xa está ben. Non teñen vergoña ningunha. Con ese sorriso cínico cando prometen e prometen....Toda a puta vida currando par a xentuza coma vós...dades noxo e sodes a escoria da sociedade...
Por certo, fun mercar a uns grandes almacéns unha tixeiras e dixéronme que estaban esgotadas...claro con tantas inauguracións que hai estos días de estradas, museos, edificios que lo flipas, pabillóns, paseos fluviales e demáis vainas normal que se esgotaran....cada politiquillo destes leva unhas no bolsillo da camisa para cortar cintas desas e sair na foto...e o esbirro del levará unhas cuantas de reposto por si acaso...E que por inaugurar ata inauguran cousas que nin empezaron a facer.
Dades pena. Sodes patéticos. E o que é peor: vos da igual. O caso é ter poder e vivir a conta dos demáis.
Como sería o mundo sen esta lacra da humanidade? Habría tanta fame ? Habría tantos nenos e nenas explotados? Habría tantas guerras ? Habría tanto terrorismo ? Habría tanta desigualdade ? Habría tanto riesgo de que revente este planeta ? Habría tanta miseria e tanta destrucción ?
A miña resposta é que todo iría moito millor sen eles. Moito millor.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS ( MENOS PARA ELES ).
Por certo, fun mercar a uns grandes almacéns unha tixeiras e dixéronme que estaban esgotadas...claro con tantas inauguracións que hai estos días de estradas, museos, edificios que lo flipas, pabillóns, paseos fluviales e demáis vainas normal que se esgotaran....cada politiquillo destes leva unhas no bolsillo da camisa para cortar cintas desas e sair na foto...e o esbirro del levará unhas cuantas de reposto por si acaso...E que por inaugurar ata inauguran cousas que nin empezaron a facer.
Dades pena. Sodes patéticos. E o que é peor: vos da igual. O caso é ter poder e vivir a conta dos demáis.
Como sería o mundo sen esta lacra da humanidade? Habría tanta fame ? Habría tantos nenos e nenas explotados? Habría tantas guerras ? Habría tanto terrorismo ? Habría tanta desigualdade ? Habría tanto riesgo de que revente este planeta ? Habría tanta miseria e tanta destrucción ?
A miña resposta é que todo iría moito millor sen eles. Moito millor.
AMOR E PAZ E MESMO SOL PARA TODOS ( MENOS PARA ELES ).
sábado, mayo 12, 2007
CHARLOTTE ÁS VECES
Todas as facianas todas as voces confúndense
convértense nunha faciana convértense nunha voz
prepárate para ir á cama a luz parece brilante
e resplandece sobre brancas paredes
todos os sons de Charlotte ás veces
na noite con Charlotte ás veces
noite tras noite está soia tendida na cama
os seus ollos tan abertos na escuridade
as rúas parecían tan raras parecían tan lonxanas
pero Charlotte non chorou
a xente parecía estar tan preto
xogando a xogos inexpresivos
a xente parecía estar tan preto
outros nomes
ás veces soño onde todos os demáis bailan
ás veces soño
Charlotte ás veces
o trance inexpresivo
ás veces soño tantos nomes distintos
ás veces soño os sons siguen sendo iguais
ás veces soño ela espera abrir os seus ollos velados
sobre un mundo diferente
ven a min princesa asustada
Charlotte ás veces por ese camiño escuro
( ver como o sol se pon unha vez máis )
as bágoas rodaban pola súa faciana
ela choraba e choraba por unha nena
que morrera tantos anos antes...
ás veces soño onde todos os demáis bailan
Charlotte ás veces
ás veces soño os sons siguen sendo iguais
ás veces soño tantos nomes distintos
ás veces soño ás veces soño
Charlotte ás veces chorando por sí mesma
Charlotte ás veces soña unha parede que a rodea
pero é sempre con amor
con tanto amor parece
calquera outra cousa de Charlotte ás veces
tan lonxe nunha caixa de cristal e fermosa
Charlotte ás veces.
viernes, mayo 04, 2007
OS VENRES EU TAMÉN
Non me importa si o luns é azul
si o martes é gris e o mércores tamén
xoves non me preocupo de ti
é venres , estou namorado.
Luns,podes facerte a unha veira
martes, mércores rómpenme o corazón
xoves non debería empezar
é venres, estou namorado.
O sábado espera
e o domingo sempre ven tarde
pero o venres nunca dubida...
Non me importa si o luns volve
martes, mércores atacan o corazón
o xoves nunca mira atrás
é venres, estou namorado.
Luns, podes soster túa cabeza
martes, mércores estou na cama
xoves observo as paredes no seu lugar
é venres, estou namorado.
O sábado espera
e o domingo sempre ven tarde
pero o venres nunca dubida...
Vestido ante os teus ollos
é unha maravillosa sorpresa
ver os teus zapatos e o teu espíritu ascender
afora dende o teu ceño
e soio sorrindo co son
e tan impecable como agudo
xirando e xirando ao redor
sempre leva un gran tempo
é tal como unha fermosa vista
verte no medio da noite
non podes nunca conseguir abondo
abondo destas cousas
é venres
e estou namorado.
jueves, mayo 03, 2007
UN ERRO TENO CALQUERA
Xente
que non significa nada para ti
móvense a través de ti
igual que a túa respiración
pero ás veces aínda penso en ti
i eu soio quería
soio quería que soubeses...
meu vello amigo...
xúroche que nunca busquei por isto
nunca busquei.
Non me mires así dese xeito
foi un erro honesto
non me mires así dese xeito
foi un erro honesto.
Un erro honesto.
Ás veces
olvídome que ainda estou desperto
fodina e digo estas cousas en voz alta.
Meu vello amigo...
xúroche que nunca busquei por isto
nunca busquei.
Non me mires así dese xeito
foi un erro honesto.
Non me mires asi dese xeito
foi un erro honesto.
Un erro honesto.
Non me mires así dese xeito
foi un erro honesto.
Non me mires asi dese xeito
foi un erro honesto.
Un erro honesto.
lunes, abril 30, 2007
POR MOITO QUE BUSQUES
Eu non che teño a culpa de que che doia a alma
non teño culpa ningunha de que te fumes prata.
Ás veces pregúntome de quen será a pantasma
que che tapou os ollos para que non vexas nada.
Dime onde estiveches nena de cara branca
onde deixaches a túa risa que non está onde estaba.
Todo o que eu teño todo eu cho daba
pero si acabas conmigo vas a ser desgraciada.
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
santos que eu che pintei demos téñense que volver.
Eu non son ningún anxo eu non son ningún santo
pero o que estás facendo e que me está matando.
PODES BUSCAR POR TERRA PODES BUSCAR POR AIRE
QUE COMO TE QUIXEN EU NON VAI QUERERTE NINGUÉN.
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
Santos que eu che pintei demos téñense que volver
viernes, abril 20, 2007
ACHÉGATE A MIN
Esperei horas para isto
Enfermei tanto
Desexaría haberme quedado durmido hoxe
Nunca pensei que este día terminaría
Nunca pensei que esta noite podería estar
Tan preto de min
Só intenta ver na escuridade
Só intenta velo funcionar
Sentir o medo antes de estar aquí
Fago que as formas achéguense demasiado
Arrinco os meus ollos
Reteño a respiración
E espero ata tremer
Pero se tivese fe
Entón podería facelo seguro e limpo
Se estivese seguro
De que a miña cabeza na porta era un soño
Esperei horas para isto
Enfermei tanto
Desexaría haberme quedado durmido hoxe
Nunca pensei que este día terminaría
Nunca pensei que esta noite podería estar
Tan preto de min
Pero se tivese a túa cara
Entoces podería facelo seguro e limpo
Se estivese seguro
De que a miña cabeza na porta
Era un soño
jueves, abril 12, 2007
ALEGRIAS DO INCENDIO
Parece que hai un incendio, cada vez que nos xuntamos.
Parece que hai un incendio, cando ti estás ao meu lado,
parece que estou ardendo, cando ti estás ao meu lado,
parece que estou ardendo.
Imos ter que vernos, aínda que estean todos en contra.
Imos ter que vernos, eles téñenche dabondo
e eu bótote de menos,
eles téñenche dabondo e eu bótote de menos.
Isto é para contarche, que aquí te espero,
para dicirche ao oído o que te quero,
para poder dicirche o que te quero,
así que xa o sabes, aquí te espero.
Antes de deixar, xitana, de quererte e adorarte,
antes de deixar, xitana, secáronse os mares
e a luz da mañá,
secáronse os mares e a luz da mañá.
Porque te levo dentro, como á miña vida,
es dona e señora do alma miña.
Que nuble o azul do ceo, pídeme que apague o sol,
que nuble o azul do ceo, pero non me pidas, non,
que esqueza o que te quero,
pero non me pidas, non, que me esqueza do que te quero.
Mira que eres bonita, que guapa eres,
eres a máis bonita das mulleres,
eres a máis bonita das mulleres.
Mira que eres bonita, que guapa eres.
miércoles, abril 11, 2007
O MONO CHITA
Chita acaba de cumprir 75 anos. O día 9 de Abril. Casi nada si pensamos que un animal da súa especie vive orredor de 40 anos. Por iso figura tamén no Libro Guinnes dos records como o chimpancé máis lonxevo do mundo.
Jitts, que así se chama realmente, é un macho e non unha femia como dan a entender nas súas películas que fixo con Tarzán onde era coñecida como a mona Chita. Pero xa sabemos a tendencia que teñen os americanos en facer as cousas ao revés ( en xeral, non digo todos, que algún habrá que as faga ao dereito, aínda que supoño que serán poucos ). Que fai falta unha mona para unha película, pois vamos a Africa e traemos a un mono. Que fai falta que haxa paz, pois tiramos bombas. Que fai falta cuidar o medio ambiente, pois talamos todos os bosques. Pois a todo esto e sabe Deus a que máis, sobrevive o mono Chita.
Vive tranquilamente en California pintando cadros e facendo exposicións e vendendo neles para gañarse a vida.
E unha pena que non se lle de por presentarse para presidente dos EE.UU. Ademáis , agora seguro que o tiña máis fácil para saír elexido, xa que logo os cidadáns americanos xa están acostumbrados a ter animáis como presidente. E penso que non é máis salvaxe este que o que teñen agora. E dende logo máis capaz e máis listo xa o ten demostrado.
En fin, que estou cheo de ledicia saber que este chimpancé que tan ben mo fixo pasar nos meus tempos en que vía as películas de Tarzán, esté ben de saúde.
Feliz cumpleanos Chita. Que sigas pintando o mono durante moitos anos máis.
Ah, si les esto considera seriamente a posibilidade de presentarte as eleccións. Polo ben do mundo.
domingo, abril 01, 2007
LINDA MARTINI
Eu quero estar lá
quando tu tiveres de olhar para trás.
Sempre quero ouvir
aquilo que guardaste para dizer no fim.
Eu nao te posso dar
aquilo que nunca tuve de ti,
mas nao te vou negar a visita ás ruinas que deixaste
em min.
Se o nosso amor é um combate
entao que ganhe a melhor parte.
O chao que pisas sou eu.
O nosso amor morreu quem o matou fui eu.
sábado, marzo 31, 2007
DESEXOS IRREAIS
Quixese ter ás para poder voar
quixese ser anfibio para vivir no mar
quixese ver as cousas que ninguén ve
quixese que me quixeses para poderte ter.
Quixese coas miñas mans o sol acariciar
quixese cos meus pes sobre o mar poder andar
quixese coas miñas pernas a lúa percorrer
quixese que me quixeses para poderte ver.
Quixese poder as guerras parar
quixese poder as inxusticias cambiar
quixese poder aos nenos do mundo dar de comer
quixese que me quixeses para deixar de morrer.
quixese ser anfibio para vivir no mar
quixese ver as cousas que ninguén ve
quixese que me quixeses para poderte ter.
Quixese coas miñas mans o sol acariciar
quixese cos meus pes sobre o mar poder andar
quixese coas miñas pernas a lúa percorrer
quixese que me quixeses para poderte ver.
Quixese poder as guerras parar
quixese poder as inxusticias cambiar
quixese poder aos nenos do mundo dar de comer
quixese que me quixeses para deixar de morrer.
sábado, marzo 24, 2007
UN BON DÍA
Desperteime casi ás dez e quedeime na cama máis de tres cuartos de hora, e pagou a pena..entrou o sol pola fiestra e brilaron no aire algunhas motas de polvo e saín a fiestra e facía unha estupenda mañán.
Baixei ao bar para almorzar e leín no Marca que se mancou o niñato....non me lembrei de ti ata pasado un bon anaco...
Logo viñeron estos por aquí e baixamos a tomar unhas cañas e me reín con eles.
Estiven durmindo ata as seis e despois leín uns tebeos de Spiderman, que casi non lembraba e saín da cama, puxen a tele e había un partido e Mendieta marcou un gol realmente increible e púxenme triste no momento xusto antes de irme.
Quedei de novo ás dez e baixei na moto ata os bares de sempre,onde quedaba contigo e non facía nada de frío.
Estiven con Erik ata as seis e nos metemos catro millóns de raias e non volvín pensar en ti ata que cheguei a casa e xa non puiden durmir coma sempre me pasa.
martes, marzo 20, 2007
AS PALABRAS DO DEUS MAR
Hoxe despois de comer iba descansar un pouco pola tarde...ver unha película ou algo parecido, pero nese momento sentín que algo me chamaba...de repente na miña cabeza apareciu a praia de Razo e sentín a necesidade repentina de que tiña que ir ata alí.
Cando cheguei notei que O Mar estaba moi cabreado...estaba tan enfadado que botaba espuma pola boca...
Púxenme diante del. O Vento soplaba con moita forza. Miroume aos ollos e comenzou a falarme. Díxome que todos os deuses da Natureza tiveran unha reunión e que o elexiran a Él para transmitir o falado.
-Hoxe reunímonos o Deus Vento, a Deusa Chuvia, o Deus dos Glaciares, o Deus dos Bosques e dos Ríos, a Deusa da Capa de Ozono, o Deus do Sol, a Deusa da Lúa e outros Deuses da Natureza máis Eu. E estamos fartos. Fartos de vos.
A pesar do vento que facía eu estaba inmóvil. Non quería enfadalo máis do que xa estaba. Eu soio escoitaba.
-Despois de analizar a situación de como estamos cada un, chegamos a conclusión de que nos queda moi pouquiño tempo de aguante. De momento estamos avisando de un en un...que si un dia a Deusa Chuvia inúndavos, que si outro o Deus Vento arráncavos o que encontra ao seu paso, que de repente o Deus dos Glaciares se lle derrite unha perna, que si o Deus do Sol quenta de máis... eu calquera día non paro nos acantilados e pápovos a todos...¡¡ A ver si deste xeito vos enterades dunha vez !!
-¿Pero non vedes que estades acabando coa batería do Planeta? Co ben que podíades vivir aquí e resulta que o estades destrozando todo..PARECE MENTIRA...
A nosa decisión foi a seguinte:
Si non vemos un cambio na vosa actitude contra Nos, daquela acabouse o de avisar de un en un e vamos avisar todos xuntos. Pero sin previo aviso. Despois non digades que non avisamos...
Empezouse a retirar mentras eu seguía mirando para ÉL mentras pensaba: " Non te preocupes Deus Mar. Eu farei o que esté na miña man para cambiar esto. E vou empezar por dicirlle ao mundo o que ti me dixeches."
E dito queda...
lunes, marzo 19, 2007
domingo, marzo 18, 2007
NOITE DE CONCERTO NA RESERVA
Onte poidemos disfrutar dun concertazo no PUB A RESERVA dun grupazo da Coruña. Si chegan a ser británicos ou canadienses, que agora están moito de moda, estarían nas portadas das millores revistas de música. Chámanse MEU. Dende logo,para min, do millor da música indie do momento.
Despois da saída amistosa do batería Ramón Saleta ( ex Elephant Band ), un rapaz collíu as baquetas con soio 20 anos que por certo cumpría onte. Soio leva tres semanas co grupo e parecía que levaba toda a vida.
Ademáis de facer un repaso ao disco que teñen editado ( What`s up ) tocaron temas novos que fan que estemos desexando que saquen pronto un segundo traballo.
Momento de locura de Nacho Mora...un fenómeno...
Aparte dos temazos propios se permiten o luxo de versionar cancións míticas de grupos míticos como Psycho Killer dos Talking Heads. Apoteósico final con esta versión.
sábado, marzo 17, 2007
CAMELLE...COSTA DA MORTE
jueves, marzo 15, 2007
A PEGADA DE MAN
Hai uns días estiven en Camelle e fun ver o que nos deixou Man. Xa pasara tempo dende a última vez que me achegara ata alí. O que fora a súa casa está caendo pouco a pouco. A xente segue visitando ese lugar que Man foi transformando dende que chegara a nosa Galiza. As formas circulares aprecianse mires para onde mires. O que non se aprecia pero nada de nada son os cento vinte mil euriños que Man deixou para que cuidaran do que con tanto traballo foi construindo e que tanta xente levou a Camelle. E segue levando.
O seu espíritu por alí anda. Nunca esquecerei a mirada chea de paz que un día cruzou conmigo.
Espero que non deixen que esto desaparezca.
Espero que non teñan tanta cara.
Espero que teñan respeto por Man.
domingo, marzo 11, 2007
NOITE DE CONCERTO NO SILFO
jueves, marzo 08, 2007
BAILANDO NO MEU PETO
Escollo unha eternidade de esto
como anxos caendo
o mundo desaparece
ríndose no lume.
¿ É sempre así ?
Carne e sangue e o primeiro bico
as primeiras cores
o primeiro bico.
Retorcémonos baixo unha luz vermella
sorriso vudú
xemelos siameses
unha rapaza na ventana mírame durante unha hora
logo todo desármase
roto no meu interior
desármase.
As paredes e o teito móvense no tempo
empuxa unha culleriña dentro das miñas mans
lentamente subindo as escaleiras
e dentro da habitación.
¿ É sempre así ?
Bailando no meu peto
gusanos comen a miña pel
ela brila e crece
cos brazos extendidos
as súas pernas en torno a min...
Pola mañán chorei
Déixame morrer
non lembrarás a miña voz
marchei e envellecín
ti nunca falas
nos nunca sorrimos
berro, non eres nada
xa non te preciso
non eres nada.
Marchítase e xira...
marchita e xira...
berro con forza
¡ Todos morremos !
Ríndonos dentro do lume...
¿ É sempre así ?
miércoles, febrero 28, 2007
HAICHE MOITO ARTISTA
Nesta pasada edición do Arte Contempóraneo ( ARCO )celebrado a mediados deste mes de Febreiro en Madrid houbo un acontecemento que, dende logo, e con todos os respectos , dame a risa. E por outro lado reafírmame na miña opinión sobre o arte abstracto. Perdón, sobre o abstracto, porque de arte non ten nada. Porque vamos a ver, un pintor ou escultor ou o que sexa, un día de punto dáselle por coller un lenzo ou unha pedra e ponse a facer unha desfeita cos materiais utilizados e unha vez rematado din que o fixeron baixo un estado tal ou cual e bla bla bla....e por enriba si son famosos ou se expoñen en certos museos esas " obras " collen un valor de miles e miles de euriños que eu, dende a miña ignorancia, non chego a entender.
Aínda que os yuppies, que tamén son bastante abstractos e que parece que están uns escalóns mais arriba ca o resto da peña, sí entenden e sinten o que o " artista " quere transmitir.
Unha periodista conseguíu pasar e colgar un cuadro pintado por nenos de tres e catro anos nunha escola. Puxéronlles un lenzo e unhas pinturas e déronlle carta branca para que fixeran o que lles dera a gana. E vaia si o fixeron. Crearon unha obra de arte abstracto que para sí quixeran os grandes da historia.
Unha vez colgado na exposición de ARCO nun oco que a periodista encontrou por alí, e sin que ninguén dos visitantes soupera a quen pertencía, empezou a preguntar aos que se paraban a admirar maravillados semellante pedazo de "obra de arte".
Unha das preguntas era :
-¿ Qué pensa vostede que quere transmitir o artista con este cuadro ?
E claro , as respostas dos yuppies aínda teñen máis arte que o propio cuadro:
-Pues para mi, el artista en el momento de crear esta obra estaba en un momento de desesperación y angustia y bla bla bla...
-Pues para mi tiene una clara carga erótica reflejada en bla bla bla...
-Pues para mi se distingue claramente un paisaje vegetal porque bla bla bla...
Imaxínome á periodista partíndose da risa porque bueno...non ten xeito...
Menos mal que un rapaz xoven que pasaba por alí dixo que ese cuadro tiña pinta de que fora pintado por nenos pequenos. Imaxínome os xestos de desprecio dos "entendidos yuppies" hacia o rapaz pola súa ignorancia artística...
Aos yuppies tamén lles parecía barato cando lle dicían que estaba valorado en 15.000 euriños...Pois si algún lee esto, aínda que o dubido, que me pida a min que lle faga arte abstracto, que llo fago máis barato e ademáis ao momento.
Vou ver si me poño en contacto cos rapaciños estes e chegamos a un acordo para facer unha producción en cadea e forrarnos a conta destes que tanto entenden...
Como dixen antes, non paro de rir. Eso sí, con tódolos respectos...
Aínda que os yuppies, que tamén son bastante abstractos e que parece que están uns escalóns mais arriba ca o resto da peña, sí entenden e sinten o que o " artista " quere transmitir.
Unha periodista conseguíu pasar e colgar un cuadro pintado por nenos de tres e catro anos nunha escola. Puxéronlles un lenzo e unhas pinturas e déronlle carta branca para que fixeran o que lles dera a gana. E vaia si o fixeron. Crearon unha obra de arte abstracto que para sí quixeran os grandes da historia.
Unha vez colgado na exposición de ARCO nun oco que a periodista encontrou por alí, e sin que ninguén dos visitantes soupera a quen pertencía, empezou a preguntar aos que se paraban a admirar maravillados semellante pedazo de "obra de arte".
Unha das preguntas era :
-¿ Qué pensa vostede que quere transmitir o artista con este cuadro ?
E claro , as respostas dos yuppies aínda teñen máis arte que o propio cuadro:
-Pues para mi, el artista en el momento de crear esta obra estaba en un momento de desesperación y angustia y bla bla bla...
-Pues para mi tiene una clara carga erótica reflejada en bla bla bla...
-Pues para mi se distingue claramente un paisaje vegetal porque bla bla bla...
Imaxínome á periodista partíndose da risa porque bueno...non ten xeito...
Menos mal que un rapaz xoven que pasaba por alí dixo que ese cuadro tiña pinta de que fora pintado por nenos pequenos. Imaxínome os xestos de desprecio dos "entendidos yuppies" hacia o rapaz pola súa ignorancia artística...
Aos yuppies tamén lles parecía barato cando lle dicían que estaba valorado en 15.000 euriños...Pois si algún lee esto, aínda que o dubido, que me pida a min que lle faga arte abstracto, que llo fago máis barato e ademáis ao momento.
Vou ver si me poño en contacto cos rapaciños estes e chegamos a un acordo para facer unha producción en cadea e forrarnos a conta destes que tanto entenden...
Como dixen antes, non paro de rir. Eso sí, con tódolos respectos...
lunes, febrero 26, 2007
SOIO PORQUE O SINTAS...
Nunha oscuridade absoluta vou paseando na túa paisaxe
ramas rotas tropézanme mentras falo
soio porque o sintas non significa que esté ahí.
soio porque o sintas non significa que esté ahí.
Sempre hai unha serea cantándoche hacia o naufraxio
non extendas a man, non extendas a man.
Navega lonxe destas rochas,
seríamos unha desfeita en dúas pernas
non extendas a man, non extendas a man.
Soio porque o sintas non significa que esté ahí.( Hai alguén no teu hombro )
Soio porque o sintas non significa que esté ahí.
¡ Ahí ! ¡ Ahí !
¿ Por qué tan verde e solitaria ?
Solitaria...
Solitaria...
O ceo envioute a min
a min...
a min...
Somos accidentes a punto de pasar...
Somos accidentes a punto de pasar...
jueves, febrero 22, 2007
GALIZA CALIDADE
Certo é que aínda non estamos en tempo de verán para falar de praias e menos para ir a elas. Polo menos a tomar o solei ou a pegarse un baño. Pero despois do que leín un día destes pasados no xornal inglés The Guardian xa me empeza a apetecer ir a praia. E, ademáis, quero ir á millor praia do mundo mundial. Unha praia que no seu momento fora guarida de piratas, a ver si teño sorte e atopo un tesouro. E que a cor das augas sexan de azul turquesa. E que a súa area sexa branca e fina para poder arrebolarme por alí...E que sexa unha praia tranquila para que ninguén me rompa a cabeza con paranoias personais...Pero para ir a unha praia así vou ter que cruzar o Atlántico ata o Caribe, ou ata Colombia, ou ata o Brasil...ou ir ata Filipinas...ou ata Tanzania...ou ata Australia....ou...
Pois vai ser que non...que non teño que ir tan lonxe, que según o xornal inglés a millor praia do mundo mundial e a que ten todas esas cousas que eu quero e moitas máis...non está en ningún deses lugares...que vai ser que está aquí, na nosa Galiza.
E coñecida pola Praia das Rodas e pertence as Illas Cíes...Así que mira que ben...nin teño que coller avións nin estar un día ou dous enteiros de viaxe para chegar a ela...con medio día de viaxe tranquiliña e poucos cartiños xa tou nela...E o bo que ten ser Galego e vivir na Galiza...que non fai falta mirar tan lonxe para atopar as millores cousas do mundo...sexa o que sexa...témolas pegadas a nos...e nin conta nos damos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)