Non sei ben cal é o motivo pero as persoas en xeral molestámonos cando alguén nos corrixe si pronunciamos mal unha palabra. Ben é certo que hai xente que o fai para deixarte quedar mal ante outras persoas e outras que o fan para demostrar que elas son as máis listas e a maior parte das veces con esa prepotencia que, polo menos a min, non me gusta. Pero ao mesmo tempo hai xente que, cando é correxida de boa fe, parécelle mal, porque deben sentirse humillados, e non ten porque ser así.
Un día estaba eu traballando e un compañeiro acercouse a min e díxome : “ esa palezitadora está fallando moito “ e eu contesteille de boa fe: Non se chama palezitadora, Manolo, chámase paletizadora , sobre todo porque esa máquina o que fai é paletizar, non palezitar”. Entón, visiblemente molesto, respostoume; “bueno, ti xa me entendes” , “ entendo, Manolo, pero que eu entenda non quita que se chame paletizadora. Non te mosquees, que eu non fun o que fixo o diccionario, soio che estou decindo como se di ben” . “ Pois pa min chámase palezitadora” . Ainda hoxe Manolo segue palezitando…
Outro día outro compañeiro falando dunha ferida que tiña dixo que utilizara esparatrapo, e claro, eu tamén lle comentei que estaba errado nesa palabra e contestoume: “ bueno, a min o que me interesa é que a ferida curoume”, e eu repliqueille: “ vale, Rafael, vale, pero dise esparadrapo “. Ainda hoxe Rafael segue utilizando esparatrapo…
Cada final de mes tamén está o compañeiro que cando vai as oficinas a cobrar che comenta: “ oiches, vou arriba pola nónima. Queres que che baixe a túa? E eu lle digo : “ home, si fas o favor a min baixame a nómina, que a nónima non sei que é “ e él , tamén molesto respóstame: “ pois agora vas ti por ela que eu non cha baixo”…
Non entendo que se sintan mal por ser correxidos cando din mal unha palabra.
A min en certa ocasión, falando das olimpiadas, e mais concretamente da natación, comentei que o estilo que máis me gustaba era o cross, e un amigo sacoume do meu erro decíndome que non se chamaba estilo cross, senón estilo crol. Eu , ao contrario dos compañeiros anteriores, síntome agradecido. Por iso, agora cando falo con amigos de natación, de motocrol ou de autocrol síntome seguro de estar falando ben.
Canto bo é o saber…
martes, julio 11, 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
xa ta....o bo realmente e escoitar
Pero home... homeeeeee!!!!!
En natación será "crol", que non se escribe así, pero xa bo é sabelo dicir sin ter que sabelo escribir... Pero o do automovilismo é "cross" carallo!!!
Publicar un comentario