martes, febrero 24, 2009
THE CURE IN LONDON
Casi pasou un ano dende a última vez que vin The Cure....e pasado mañán vou volver a velos. O ano pasado en Lisboa e agora en Londres. Si eu tiña unha ilusión, aparte das inconfesables, era ver a The Cure en Londres, co añadido de que o día anterior serán premiados pola prestixiosa revista NME. Por fin lles chega o recoñecemento da prensa inglesa polos trinta anos de carreira única na historia da música. Estou completamente seguro que Robert Smith vai dar un concertazo especial e único. E eu vou estar alí.
Paréceme increíble....
domingo, junio 15, 2008
DESILUSIÓN
Asumir ser querido
descubrir a verdade
falsas verdades
verdadeiras mentiras.
Invasións de ilusións
ollos pechados
desilusións que te invaden
ollos que se abren.
Pensas que aprendes
pero aprendes a pensar
que todo o queres
empezas a odiar.
Non será que te equivocas?
Non será que vives
en un sitio equivocado
e que todo o que ti soñas
non existe neste lado?
Un día detrás de outro
agora pensas que
pode ser que sí
pode ser que non
pero o que me pregunto
pero o que non entendo
pero o que nunca entenderei
é...
¿ Por qué sigo pensando que podo ser feliz
cando sei que teño prohibido ser feliz?
¿ Por qué sigo pensando que hoxe sí
cando sei que hoxe tampouco?
¿ Por qué sigo pensando que mañán saldrá o sol
cando sei que nunca saldrá?
Asumir ser querido
descubrir a verdade
falsas verdades
verdadeiras mentiras.
Abrazos de amor
sensacións de calor
abrazos de amor
sensacións de calor.
Entregar parte de min
recibir nada de ti.
Ainda así
aínda así
como eu te quero
ninguén te vai querer...
Invasións de ilusións
calles oscuras
luces apagadas
apagadas ilusións.
miércoles, marzo 12, 2008
THE CURE EN LISBOA
Pavilhao Atlántico de Lisboa....as nove e cinco da noite...e saen ao escenario...Jason Cooper para a batería, que por certo, fai con ela o que lle da a gana, Porl Thompson á guitarra, que por certo, fai con ela o que lle da a gana, Simon Gallup ao baixo , que por certo , fai con él o que lle da a gana, e o Sr. Robert Smith ( deste xa non sei que dicir )...19.000 persoas empezan a tolear cando abren o concerto con Plainsong...e despois de tres horas a xente acaban de tolear cando cerran con Killing An Arab...Robert Smith está como nunca...porque tremendo de concerto de tres horas e cinco minutos exactamente e trinta e sete cancións...quero expresar o que vivín alí pero non son capaz...ou igual é que tampouco quero...hai tempo que a felicidade non se arrima a min, pero o sábado estivo comigo durante tres horas...e non sei cando voltará a min...
Vivín o concerto casi adiante de todo, vendo os xestos , os movementos, e todo o que puden de Robert e máis do resto e non hai concerto comparable hoxe en día...Estiven soio na miña nube , vivindo momentos para compartir sin ter con quen compartilos ( quizais sexa esta á unica pena que me queda, que non poidera compartir as emocións que sentín alí con ninguén, pero é o que ten cando un está soio )...
Espero que non pase moito tempo ata que volva a ver aos Cure...porque voltarei a ser feliz, ainda que sexa soio por tres horas...
GAÑES OU PERDAS, A FESTA QUE NON FALTE
Despois dunha tranquila xornada de reflexión e dunha emocionante xornada de votación viñeron as enquisas, os bailes dos números, os nervos, escanos parriba, escanos pa baixo, e toda a parafernalia que se montan sempre estes que organizan as eleccións. Eu o que non entendo é como estes partidos grandes antes das oito da tarde do domingo xa sabían os resultados. E, iso sí, sexan como sexan ninguén perde. É alucinante ver como todos están cheos de ledicia e felicidade polos resultados. Pero nos non acabamos co reconto dos nosos votos ata onte a noite do mogollón que tivemos. Tievemos tantos que ninguén fixo referencia ao VP como forza máis votada porque teñen medo. Medo de que queden sen o poder. Ese poder que utilizan para o seu propio servicio. E lles importa un puto güevo como está a xente...que vaian tomar polo cú...
A festa na sede do VP fíxose de tódolos xeitos, como se pode ver na foto...e según dixo o Candidato Planeta " que se preparen para as próximas porque isto ten que cambiar"...
Dende a organización queremos agradecer a toda esa xente que cree en nos e nos apoia neste proxecto...proxecto que esperamos que algún día nos quite de traballar..joder , debe ser contaxioso esto da corruptela....escoito ofertas...
jueves, marzo 06, 2008
POLA MAÑÁN
A campaña segue o seu curso, pero os rivais do noso Candidato Planeta empezan a ter en conta que hai alguén máis ca eles dous. Sen ir máis lonxe, no mitinmentira que dou o outro día Mariano (con la mano ) Rajoy en Vigo, fixo mención por primeira vez ao presidente do VP e próximo presidente do goberno. Literalmente dixo " Yo no estoy aliado con lash civilizacionesh ni eshtoy aliado con el Planeta ".
Ante estas manifestacións o Candidato Planeta non tardou en respostar e, cando viu o primeiro micrófono quixo contestar a Mariano ( con la mano ).
Casualmente era un micrófono de Por La Mañana e él estaba de mañaneo, porque quixo compartir toda unha noite cos traballadores e traballadoras da hostelería para coñecer de primeira man os seus problemas e aproveitou para dicirlle a Mariano ( con la mano ) un par de cousas...
Candidato Planeta en Por La Mañana:
A mi me la pela con quen estés aliado, conmigo olvídate....eu soio digo que o que ten cú ten medo...agoara vou durmir porque teño que durmir...pero xa falaremos...
Despois disto as sondaxes disparan ao Candidato Planeta ao segundo lugar moi pretiño de Zapatitos...
Esperamos acontecementos...
VOTA PLANETA
lunes, marzo 03, 2008
O CANDIDATO PLANETA SEGUE ILUSIONANDO
Segue a nave cósmica do Candidato Planeta rulando e rulando , dando mitins multitudinarios así como charlas individuais demostrando unha vez máis cal é forza deste líder de masas. A ilusión que desprende é tan contaxiosa, que no último mitin celebrado en Silván, súa terra natal, chegou a xuntar dous millóns seiscentas trintasete mil catrocentas corenta e tres persoas que acabaron rendidas ante a atracción deste auténtico revolucionario da sociedade. Loitador incansable e sabedor das necesidades do pobo, nesta xuntanza dou a coñecer máis do seu programa electoral.
Nada de promesas populistas como fan os seús rivais, senón cousas básicas na vida dos cidadáns. Máis festas de bo rollo, máis pasteis, máis concertos poperillos, máis tempo libre para o disfrute destas actividades e outras que non quixo desvelar polo momento, fixeron que a xente, despois de moitos anos vivindo nun mundo gris e monótono, empezaran a chorar de ledicia,emoción e ilusión dándose apertas, bicos e todos foron unha única voz berrando:
¡¡¡ PLANETA PRESIDENTE, O PODER E DA XENTE !!!
¡¡¡ PLANETA PRESIDENTE, TRABALLO INDECENTE !!!
A foto que aquí mostramos foi tomada neses momentos de euforia colectiva, e pódese ver un Candidato Planeta cansado pero satisfeito pola reacción da cidadanía.¨
Él sabe que cada vez somos máis...non está soio neste proxecto que ao principio ninguén creía nel, pero a xente na rúa di todo o contrario. Os rivais políticos xa empezan a telo en conta. Están acojonados.
VOTA PLANETA
sábado, marzo 01, 2008
ENTREVISTA CÓSMICA
A unha semana da xornada de reflexión, o Candidato Planeta fai unha parada na súa apretada axenda para atender por primeira vez a unha televisión. A TVC ( Televisión Cósmica ) desplazouse ata a sede do VP ( Vota Planeta ) para facerlle unha entrevista en exclusiva ao candidato e así acercar ao cidadán de a pé ( non confundir cidadán de ap ( alianza popular ), os proxectos de futuro en todos os ámbitos.
Despois dunha semana dura de campaña onde o Planeta mantivo diferentes xuntanzas con colectivos de todo tipo e viaxando pola xeografía hispana ensinando o seú programa , culminada o xoves na capital da Galiza cunha xuntanza multitudinaria cos universitarios que lle mostraron todo o seu apoio sen condicións. O candidato Planeta demostrou ahí que lle gusta sentir o calor da xente, dándose auténticos baños de multitude en diferentes locais de ocio. Quixo vivir ( e tamén beber ) como os estudantes, e eu, como testigo , teño que dicir que triunfou claramente. De feito , ata que todos e todas foron a durmir él non quixo descansar. Non vou dicir ata que hora estivo traballando, pero xa logo era hora de comer ( do día seguinte,claro ). Sensible aos problemas da xente, foi recollendo ideas e opinións de todos, e sobre todo de todas que se lle acercaban a falar.
Quero destacar o máis importante da entrevista ( todo é importante, pero....) e transcribir literalmente a resposta do Candidato á pregunta do reporteiro da TVC:
-TVC : Sr. Candidato Planeta, ¿ qué será o primeiro que faga si sae elexido Presidente?
-Candidato Planeta : Ffffff.....eu non sei, non...pero dende logo algo hai que facer.Supoño que facer unha festa para os colegas e tal e tal....
-TVC : Xa, vale....pero eu me refiro como presidente...
-Candidato Planeta : Pois mire vostede...igual que Zetapé hai catro anos, que o primeiro que fixo foi sacarnos da guerra eu o primeiro que vou facer é cumplir un compromiso que teño cos veciños do Paraíso de Verdillo....algo que eles veñen reivindicando dende hai décadas e que ningún goberno anterior quixo atender.
Vou construir unhas aceras de disain total...non pararei ata conseguilo.
Despois de adiantarnos esta promesa en exclusiva, o Candidtao dixo que tiña que marchar para a casa porque eran as dúas menos dez da tarde e ían empezar os Simpsons.
Pero antes de marchar dixo:
Para servir, para crecer , para o que faga falta
VOTA PLANETA ( VP )
PLANETA PRESIDENTE
domingo, febrero 24, 2008
PLANETA PRESIDENTE
Xa que estamos en campaña electoral e aquí todo Deus quere ser presidente porque debe molar moito estar no poder, eu presento tamén o meu candidato.
Unha persoaxe coñecida e admirada na cidade de Carballo e recoñecida pola súa labor en distintos proxectos relacionados co mundo da música. Un tipo natural, que fala co pobo,preocupado polos problemas dos cidadáns e sempre inquieto por conseguir o benestar da xente humilde e traballadora.
Moi hogareño e familiar, gústalle estar coa súa familia sempre que pode, xogar cos seus fillos ao trivial e bebedor de zumos porque considera que si o corpo está sano a mente tamén.
Practica todo tipo de deportes para, como sempre di él, estar preparado por si hai que correr.
En definitiva, o meu candidato será un presidente para servir ao pobo, e non para servirse de él.
De momento estamos sen un pavo e soio poidemos facer unhas cuantas pancartas cunha foto recén levantado do que será o próximo presidente.
Aproveito dende aquí para dicir que todo aquel que desexe facer un donativo para apoiar a campaña que fale comigo xa que eu son o que distribue a guita para o ben de todos. Gracias anticipadas de parte do PRESIDENTE PLANETA.
VOTA PLANETA ( VP)
Para servir, para crecer, para o que faga falta.
PLANETA PRESIDENTE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)